No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 74/2025 (procedemento abreviado), interposto pola Confederación Intersindical Galega, CIG, contra a Instrución para a execución do acordo da Orde do 29 de xuño de 2023, da Consellería de Sanidade, pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Acordo da Mesa sectorial do 20 de abril de 2023 (DOG núm. 124, do 30 de xuño).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
