DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, co procedemento abreviado 192/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 192/2025 (procedemento abreviado), interposto por Hipólito Rechou Aguado, fronte á desestimación, por silencio administrativo, do recurso de alzada presentado contra a Resolución do 27 de decembro de 2024, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola que se desestima a pretensión de incluír na convocatoria de mobilidade interna provisional do persoal estatutario fixo da categoría de médico asistencial do 061 e de enfermeiro con destino no 061 todas as prazas de enfermeiro, ocupadas por traballadores en comisión de servizos.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos