DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 15 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación da clasificación do monte veciñal en man común Costa da Grela e Outeiro, no concello de San Cristovo de Cea.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 7 de abril de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Ampliación da clasificación do MVMC Costa da Grela e Outeiro.

Superficie: 3.157 m2.

Pertenza: CMVMC A Agrela.

Parroquia: Covas (Santa María).

Concello: San Cristovo de Cea.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Catro parcelas illadas entre si:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Superficie (m2)

Lindes

Referencia catastral

32077A00300039

263

Norte

32077A00300047,

32077A00300038,

32077A00300037

Leste

32077A00309001

Sur

32077A00300040

Oeste

32077A00300045

32077A00300263

163

Norte

32077A00300264

Leste

32077A00300255

Sur

32077A00309011

Oeste

32077A00300264

32077A08901649

2.105

Norte

32077A08909007

Leste

32077A08901650

Sur

32077A08901650,

32077A08901652,

32077A08901653,

Oeste

32077A08901654

32077A090000114

626

Norte

32077A09009043

Leste

32077A09000116,

32077A09000115,

32077A09000203

Sur

32077A09009006

Oeste

32077A09009043

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 15 de maio de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense