DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/400-1, no concello de Malpica de Bergantiños.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Seiruga, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/400-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 16 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/400-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT, RBT Seiruga.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Predio

Lugar

D. catastrais

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Campelo

15044A019008740000ED

Descoñecida

29.7.2025

10.20

3

Campelo

15044A019008980000EF

Noemi Suárez Sánchez

Michael Peter Aldred

29.7.2025

10.20

4

Campelo

15044A019014820000EQ

Noemi Suárez Sánchez

Michael Peter Aldred

29.7.2025

10.20

6

Campelo

15044A019009000000EM

Descoñecida

29.7.2025

10.30

9

Campelo

15044A019008720000EK

Manuel Cousillas

29.7.2025

10.35

13

Campelo

15044A019007110000EK

María Cancela Doldán

María del Carmen Veiga Cancela

30.7.2025

10.25

16

Campelo

15044A019006350000EG

Herdeiros de José Novo Souto

30.7.2025

10.30

17

Campelo

15044A019006470000ER

José Antonio Pouso Mesura

Gloria Pouso Mesura

30.7.2025

10.30