En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.A3.733A.714.2, 09.A3.733A.760.5, 09.A3.733A.760.9, 09.A3.733A.770.5, 09.A3.733A.770.6, 09.A3.733A.781.1, 09.A3.733A.781.6, nas anualidades 2024-2025, ao abeiro da Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).
Na web do Inega publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://www.inega.gal/sites/default/files/axudas/Publicidade-web-IN422N.pdf
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025
Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia
