DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 30992

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de xuño de 2023, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.A3.733A.703.0, 09.A3.733A.714.2, 09.A3.733A.744.1, 09.A3.733A.745.2, 09.A3.733A.760.5, 09.A3.733A.760.9, 09.A3.733A.781.1 e 09.A3.733A.781.6, nas anualidades 2024-2025, ao abeiro da Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).

Na web do Inega publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://www.inega.gal/sites/default/files/axudas/Publicidade-web-2024-2025-IN422O.pdf

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia