En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polo uso de modernas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do programa de autoformación, programa iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, este ano renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.
A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, pois a persoa participante asume un papel activo no proceso de aprendizaxe a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, esta modalidade permite achegar as actividades da Escola a un maior número de persoas ao servizo da Administración, especialmente a aquelas que, por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación, non poden optar pola modalidade presencial. Ademais, con este programa procúrase unha maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos.
Polo demais, o programa de autoformación continúa efectuando unha oferta formativa conxunta e, en tal sentido, diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, mediante a oferta dun amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.
As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda, poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.
Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nas probas de avaliación e as superen teñen dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento. En concreto, as probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme o que establezan as bases dos procesos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Por todo o exposto, e en execución do Plan de formación 2025 da EGAP,
RESOLVO:
Convocar as actividades do programa de autoformación que figuran nesta resolución, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas nos anexos I e II.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Contidos das actividades do programa de autoformación
Bases
Primeira. As actividades de contidos
1. As actividades de contidos do programa de autoformación son as seguintes:
ANEXO I
|
Código |
Actividade |
|
AF25001 |
A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Contidos |
|
AF25002 |
A cidadanía e as administracións públicas: dereitos e obrigas-Contidos |
|
AF25003 |
A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Contidos |
|
AF25004 |
A protección do menor ante os medios de comunicación-Contidos |
|
AF25005 |
A regulación da intelixencia artificial na Administración pública-Contidos |
|
AF25006 |
A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Contidos |
|
AF25007 |
A transformación e a evolución do emprego público desde a Lei 2/2015-Contidos |
|
AF25008 |
A xurisdición contencioso-administrativa-Contidos |
|
AF25009 |
Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia-Contidos |
|
AF25010 |
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Contidos |
|
AF25011 |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos |
|
AF25012 |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Contidos |
|
AF25013 |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos |
|
AF25014 |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Contidos |
|
AF25015 |
Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Contidos |
|
AF25016 |
Aproximación á violencia de xénero-Contidos |
|
AF25017 |
Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica-Contidos |
|
AF25018 |
Avaliación de políticas públicas-Contidos |
|
AF25019 |
Básico de protocolo e organización de eventos-Contidos |
|
AF25020 |
Básico de subvencións e normativa aplicable-Contidos |
|
AF25021 |
Básico en prevención de riscos laborais-Contidos |
|
AF25022 |
Cambio e motivación nas organizacións-Contidos |
|
AF25023 |
Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Contidos |
|
AF25024 |
Contratación estratéxica-Contidos |
|
AF25025 |
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Contidos |
|
AF25026 |
Destrezas persoais e xestión do cambio-Contidos |
|
AF25027 |
Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Contidos |
|
AF25028 |
Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Contidos |
|
AF25029 |
Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia-Contidos |
|
AF25030 |
Incorporación de cláusulas sociais e de xénero na contratación pública-Contidos |
|
AF25031 |
Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais-Contidos |
|
AF25032 |
Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Contidos |
|
AF25033 |
Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos-Contidos |
|
AF25034 |
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Contidos |
|
AF25035 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Contidos |
|
AF25036 |
Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia-Contidos |
|
AF25037 |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Contidos |
|
AF25038 |
Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia-Contidos |
|
AF25039 |
Lei de recuperación da terra agraria de Galicia-Contidos |
|
AF25040 |
Lei xeral orzamentaria-Contidos |
|
AF25041 |
Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Contidos |
|
AF25042 |
Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais-Contidos |
|
AF25043 |
Marco lexislativo específico e xeral sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social-Contidos |
|
AF25044 |
Muller, medios de comunicación e TIC-Contidos |
|
AF25045 |
O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro-Contidos |
|
AF25046 |
O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Contidos |
|
AF25047 |
Organización e simplificación do traballo administrativo-Contidos |
|
AF25048 |
Políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes-Contidos |
|
AF25049 |
Prestacións da Seguridade Social e cotizacións-Contidos |
|
AF25050 |
Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Contidos |
|
AF25051 |
Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Contidos |
|
AF25052 |
Prevención e xestión de conflitos-Contidos |
|
AF25053 |
Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público-Contidos |
|
AF25054 |
Reutilización da información do sector público. Open Data-Contidos |
|
AF25055 |
Revisión dos actos en vía administrativa-Contidos |
|
AF25056 |
Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Contidos |
|
AF25057 |
Sensibilización e prevención da violencia de xénero-Contidos |
|
AF25058 |
Servizo de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia-Contidos |
|
AF25059 |
Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital-Contidos |
|
AF25060 |
Técnicas efectivas para preparar presentacións-Contidos |
|
AF25061 |
Técnicas elementais de arquivos-Contidos |
|
AF25062 |
Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica-Contidos |
|
AF25063 |
Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa-Contidos |
|
AF25064 |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos |
|
AF25065 |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos |
|
AF25066 |
Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica-Contidos |
2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, debido a que non existe a figura do/da titor/a, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.
Segunda. Acceso aos contidos
1. Todo o persoal destinado ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.
2. A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do día 13 de xuño de 2025, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.
Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2025, agás para os seguintes contidos, que estarán dispoñibles a partir do día 1 de outubro de 2025.
AF25008: a xurisdición contencioso-administrativa.
AF25010: aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
AF25015: aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
AF25020: básico de subvencións e normativa aplicable.
AF25048: políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
AF25064: uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).
Os/as participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.
3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 63 35, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 57, 981 54 62 73 e 881 99 70 44 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).
5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual>.
6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
7. Dado que o acceso aos contidos é voluntario, non se tramitarán renuncias.
8. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.
ANEXO II
As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación
Bases
Primeira. Participación nas probas
1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segunda. Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario
As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación desenvolveranse en liña de acordo coa seguinte táboa:
|
Código |
Actividade |
Prazas |
Horas |
Edición |
Data e hora do exame en liña |
|
AF25067 |
A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
1.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25067 |
A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T02 |
1.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25068 |
A cidadanía e as administracións públicas: dereitos e obrigas-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
5.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25069 |
A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
2.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25069 |
A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T02 |
2.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25070 |
A protección do menor ante os medios de comunicación-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
4.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25071 |
A regulación da intelixencia artificial na Administración pública-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
16.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25072 |
A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
2.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25073 |
A transformación e evolución do emprego público desde a Lei 2/2015-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
3.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25074 |
A xurisdición contencioso-administrativa-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
19.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25075 |
Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
5.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25076 |
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Proba de avaliación |
200 |
50 |
T01 |
17.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25077 |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación |
200 |
50 |
T01 |
15.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25078 |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación |
200 |
50 |
T01 |
15.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25079 |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
16.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25080 |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
16.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25081 |
Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
17.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25082 |
Aproximación á violencia de xénero-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
11.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25083 |
Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
1.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25084 |
Avaliación de políticas públicas-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
12.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25085 |
Básico de protocolo e organización de eventos-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
4.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25086 |
Básico de subvencións e normativa aplicable-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
19.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25087 |
Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación |
200 |
50 |
T01 |
9.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25087 |
Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación |
200 |
50 |
T02 |
9.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25088 |
Cambio e motivación nas organizacións-Proba de avaliación |
200 |
15 |
T01 |
5.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25089 |
Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Proba avaliación |
200 |
30 |
T01 |
10.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25089 |
Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Proba avaliación |
200 |
30 |
T02 |
10.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25090 |
Contratación estratéxica-Proba de avaliación |
200 |
35 |
T01 |
3.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25091 |
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
25.9.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25092 |
Destrezas persoais e xestión do cambio-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
25.9.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25093 |
Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
9.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25094 |
Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
10.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25094 |
Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T02 |
10.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25094 |
Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T03 |
10.12.2025 ás 20.30 horas |
|
AF25095 |
Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
18 |
T01 |
11.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25096 |
Incorporación de cláusulas sociais e de xénero na contratación pública-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
12.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25097 |
Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
12.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25098 |
Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Proba de avaliación |
200 |
24 |
T01 |
3.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25099 |
Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
5.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25100 |
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
15.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25101 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
29.9.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25101 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T02 |
29.9.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25102 |
Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia-proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
22.9.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25103 |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
29.9.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25103 |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T02 |
29.9.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25104 |
Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
23.9.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25105 |
Lei de recuperación da terra agraria de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
24.9.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25106 |
Lei xeral orzamentaria-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
12.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25107 |
Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
25.9.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25108 |
Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
16.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25109 |
Marco lexislativo específico e xeral sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
4.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25110 |
Muller, medios de comunicación e TIC-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
17.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25111 |
O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
24.9.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25112 |
O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
17.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25113 |
Organización e simplificación do traballo administrativo-Proba de avaliación |
200 |
12 |
T01 |
18.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25114 |
Políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
19.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25115 |
Prestacións da Seguridade Social e cotizacións-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
22.9.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25116 |
Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Proba de avaliación |
200 |
15 |
T01 |
1.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25117 |
Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
2.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25118 |
Prevención e xestión de conflitos-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
22.9.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25119 |
Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público-Proba da avaliación |
200 |
25 |
T01 |
22.9.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25120 |
Reutilización da información do sector público. Open Data-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
23.9.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25121 |
Revisión dos actos en vía administrativa-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
18.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25122 |
Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
15 |
T01 |
4.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25123 |
Sensibilización e prevención da violencia de xénero-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
23.9.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25124 |
Servizo de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia-Proba de avaliación |
200 |
16 |
T01 |
9.12.2025 ás 19.30 horas |
|
AF25125 |
Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
11.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25126 |
Técnicas efectivas para preparar presentacións-Proba de avaliación |
200 |
20 |
T01 |
11.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25127 |
Técnicas elementais de arquivos-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
24.9.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25128 |
Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica-Proba de avaliación |
200 |
30 |
T01 |
23.9.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25129 |
Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
15.12.2025 ás 18.30 horas |
|
AF25130 |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación |
200 |
50 |
T01 |
18.12.2025 ás 16.30 horas |
|
AF25131 |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación |
200 |
50 |
T01 |
18.12.2025 ás 17.30 horas |
|
AF25132 |
Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica-Proba de avaliación |
200 |
25 |
T01 |
25.9.2025 ás 19.30 horas |
Terceira. Solicitudes de participación
1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 12 de xuño de 2025.
2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.
6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poden remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
8. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.
9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 63 35, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 57, 981 54 62 73 e 881 99 70 44 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón, a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Quinta. Criterios de selección
1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio); correccións de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo e DOG núm. 148, do 4 de agosto).
2. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2025, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), comezarase pola letra «F».
Sexta. Publicación da relación do persoal seleccionado
Para cada proba de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participaren na dita proba, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Sétima. Cambios ou substitucións na selección e renuncia
1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para formalizar a renuncia poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará un mes antes da data da proba de avaliación.
b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:
• Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
• Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
• Por razóns de conciliación familiar.
• Por outras causas xustificadas documentalmente.
Oitava. Desenvolvemento das probas de avaliación
1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.
2. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.
3. As persoas seleccionadas que non realicen as probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Novena. O certificado de equivalencia
1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.
2. Este certificado equivale a un certificado de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.
Décima. As facultades da EGAP
1. Correspóndelle á EGAP dispoñer canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.
2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas. As persoas afectadas dispoñerán de toda a información no enderezo <https://egap.xunta.gal>. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.
3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á correspondente autorización do gasto.
4. A EGAP garantirá, na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
