DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31045

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2025, pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado por Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG número 69, do 7 de abril).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 13 de maio de 2025 (DOG núm. 92, do 15 de maio) ao que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, de acordo coa elección realizada.

Segundo. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte (20) días hábiles.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº orde proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***0128**

Martínez Bouzón, Matilde

3

INO191000036001008

Subinspector/a Consumo

EM

Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos)

Xefatura Territorial Pontevedra

Pontevedra

C1

18

2

***9587**

Fontenla Vila, Ángel

5

INO192000036560016

Subinspector/a Consumo

EM

Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos)

Unidade de Consumo (Vigo)

Vigo

C1

18

3

***6330**

López Moreiro, José Ramón

4

INO191000036001013

Subinspector/a Consumo

EM

Instituto Galego de Consumo (Servizos Periféricos)

Xefatura Territorial Pontevedra

Pontevedra

C1

18