DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 12 de maio de 2025, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00956-O-2024 e dous máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola directora xeral de Mobilidade no expediente sancionador PO-00956-O-2024 e dous máis, instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, están á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

PO-00956-O-2024

4950-GSG

03089897P

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

5.2.2024; 13.01; PO-11; 4,044

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros

PO-01509-O-2024

4950-GSG

03089897P

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

11.4.2024; 12.08; PO-531; 3,5

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros

XC-03347-O-2024

3012-CZL

48114443F

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

17.10.2024; 16.57; DP-3109; 4,743

Artigo 140.34 da LOTT

Artigo 197.39 do ROTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros