Advertidos erros no anexo I, Medallas ao mérito de protección civil de Galicia 2025, da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 98, do venres 23 de maio de 2025, cómpre efectuar as seguintes correccións:
– Engadir na táboa a seguinte entidade:
«ANEXO I
Medallas ao mérito de protección civil de Galicia 2025
|
Nome e apelidos |
Categoría |
|
Continxente galego desprazado a Valencia: • AVPC A Coruña |
Prata» |
– E na páxina 29340, na relación das entidades que conforman o continxente galego desprazado a Valencia, onde di: «S.D.I.F. Medio Rural», debe dicir: «Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF), Consellería do Medio Rural».
