Feitos:
O día 11 de febreiro de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición, no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Financiera Maderera, S.A. (Finsa de Galicia), na cal se procedeu á actualización das táboas salariais para o ano 2025.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á Consellería de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais, de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo, e establece que a autoridade laboral competente procederá a ditar resolución en que se ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.
Revisada a documentación achegada, e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición, no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Financiera Maderera, S.A. (Finsa de Galicia) na cal se procedeu á actualización das táboas salariais para o ano 2025.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39 /2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) de Galicia
Ás 11.00 horas do día 20 de xaneiro de 2025, nos locais da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa), en Santiago de Compostela, reúnense as persoas a continuación relacionadas na súa condición de membros da Comisión Paritaria de vixilancia do Convenio colectivo para as fábricas de taboleiro de Finsa-Galicia.
Por parte da representación social:
1. Jesús María Fernández Rodríguez.
2. Víctor Rubianes César.
3. Iván García Mayo.
4. Mario González Dávila.
5. Jesús Vázquez García.
6. Rubén Cao Rodríguez.
7. Andrea Tacón Rodríguez.
8. Julio Iglesias Cibreiro.
En representación da empresa:
1. Mª Luz Cachafeiro García.
2. Pilar Rodríguez Castillo.
3. Eva Leis Rolón.
4. Ana Isabel da Costa Figueiredo.
5. Modesto Vázquez Vilares.
6. Rubén Campos López.
7. Carlos Amboage López.
A Comisión Paritaria de vixilancia do Convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. para as fábricas de taboleiro de Galicia, de conformidade co disposto no artigo terceiro do Acordo de Convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. para as fábricas de taboleiro de Galicia, do 9 de xullo de 2024 (DOG do 9 de outubro), procede, de común acordo, á adopción dos acordos seguintes:
Primeiro. Regularización do incremento salarial aplicado en 2024
No Acordo de Convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. para as fábricas de taboleiro de Galicia, do 9 de xullo de 2024 (artigo segundo, punto 2.a), as partes acordaron un incremento salarial para o ano 2024 do IPC+1 % sobre os conceptos salariais do convenio do ano 2023, unha vez aplicado o incremento salarial acordado para o dito exercicio, coa excepción da antigüidade e os complementos de locomoción.
No dito acordo as partes acordaron aplicar un incremento do 4,5 % tomando como base unha porcentaxe de incremento de IPC interanual previsto do 3,5 % para o ano 2024, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2024, e xerando os correspondentes atrasos. Así mesmo, acordouse que o incremento do importe lineal do complemento de locomoción se levaría como en anos anteriores á achega ao plan de xubilación.
Así mesmo, acordouse que se o IPC real do ano 2024 resultase inferior ao 3,5 %, a diferenza consideraríase como porcentaxe á conta do incremento consolidable aplicable en anos sucesivos por modelo (diferenza de 3,5 %-IPC real = % incremento á conta), todo iso de conformidade coa cláusula de regularización do IPC do ano 2024 prevista no artigo segundo, punto 2.c), do acordo de convenio.
Unha vez publicado polo INE o dato de inflación interanual do ano 2024, este resulta ser inferior ao 3,5 % ao situarse en 2,8 %, polo que a diferenza do 0,7 % debe ser considerada como porcentaxe á conta do incremento consolidable aplicable no ano 2025 (3,5 %-2,8 % = 0,7 % incremento á conta), operando a compensación e absorción sobre o incremento que resulte de aplicación no ano 2025 segundo o modelo.
Segundo. Incremento salarial provisional do ano 2025
En virtude do previsto no artigo terceiro, punto 2, do Acordo de convenio do 9 de xullo de 2024 (incremento provisional aplicable en cada anualidade), as partes acordan a aplicación no mes de xaneiro de 2025 dun incremento económico provisional, antes da aprobación definitiva das contas anuais, nos termos seguintes:
1. Datos estimados dos indicadores do modelo retributivo:
Atendendo ao feito de que as contas anuais consolidadas do exercicio 2024 están pendentes de ser formuladas de forma definitiva e sometidas ao preceptivo informe de auditoría, estímase que o índice de produtividade (IP) do ano 2024 se situará no tramo do 2,05-2,14, tomando como valor de referencia o 2,12.
De igual modo, o índice de prezos de consumo (IPC) do ano 2025 calcúlase que estará no 1,9 % segundo a previsión publicada polo centro de estudos económicos Funcas o 15 de xaneiro de 2025.
2. Incremento provisional 2025:
Cos valores estimados dos anteriores indicadores, e en aplicación da táboa do modelo salarial (anexo I do Acordo de convenio de 9 de xullo de 2024), o incremento provisional para o ano 2025 ascendería ao 2,31 % (IPC previsto do 1,90 %+0,41 %).
Debendo considerarse o 0,7 % como porcentaxe á conta do incremento consolidable aplicable no ano 2025, as partes acordan a aplicación no mes de xaneiro de 2025 dun incremento económico provisional para o ano 2025 do 1,61 % (2,31 %-0,7 %) sobre os conceptos salariais do convenio do ano 2024, coa excepción da antigüidade e os complementos de locomoción.
As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias aplicables desde o 1 de xaneiro de 2025 son os recollidos nos anexos I e II que se xuntarán a esta acta unha vez aplicado o incremento do 1,61 %.
Os valores do complemento de locomoción, de conformidade co pactado, non sufrirán incremento e manterán as contías que se recollen no anexo III desta acta.
O incremento do importe lineal do complemento de locomoción levarase, como en anos anteriores, á achega ao plan de xubilación. A achega ao plan de xubilación no ano 2025 terá un importe de 64,64 euros mensuais.
Terceiro. Actualización de conceptos económicos 2025
1. Os importes dos complementos de xornada mensuais serán os que se recollen no cadro seguinte, unha vez aplicado o incremento económico pactado para 2025 e restado o 20 % do importe do complemento de dúas (2) quendas no seu valor 2024, de conformidade co artigo 4.2 (complementos de quenda e reestruturación do importe de salarios base) do Acordo de convenio colectivo asinado o 9 de xullo de 2024.
Polo tanto, o importe final dos complementos de xornada mensuais de 2025, unha vez reducidos no importe lineal de 44 euros mensuais (528 euros/12 meses) serán os seguintes:
|
Valor inicial |
Valor final 2025 |
|
|
6Q |
564,95 |
520,95 |
|
5Q |
564,95 |
520,95 |
|
4,5Q |
564,95 |
520,95 |
|
4Q descontinuo |
417,62 |
373,62 |
|
2 con3, luns a sábado |
356,65 |
312,65 |
|
3,5Q |
300,77 |
256,77 |
|
2,5 Q |
300,77 |
256,77 |
|
3Q |
219,48 |
175,48 |
|
2Q/XP |
178,83 |
134,83 |
Para o persoal a nivel, con salario fixo anual, cuxas condicións económicas superen as establecidas nas táboas do convenio para o seu grupo ou categoría profesional, realizarase unha reestruturación dos conceptos salariais de conformidade co previsto no punto cuarto, punto 2, do Acordo de convenio colectivo do 9 de xullo de 2024.
2. O importe do complemento de continuidade de produción terá un valor de 59,60 euros a partir do 1 de xaneiro de 2025.
3. De conformidade co establecido no convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución e quedará establecida no valor de 22,78 € mensuais.
4. O importe lineal polo que se retribuirá a nocturnidade a partir do 1 de xaneiro de 2025, que será igual para todos os grupos e categorías profesionais, ascende a 19 euros/noite.
5. O importe das compensacións económicas pactadas por quenda de traballo efectivo nos días de Nadal terán en 2.025 os valores seguintes:
|
Ano 2025 |
|||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
|
|
24 decembro |
60,97 € |
60,97 € |
213,38 € |
|
25 decembro |
182,90 € |
213,38 € |
60,97 € |
|
31 decembro |
60,97 € |
60,97 € |
213,38 € |
|
1 xaneiro |
213,38 € |
182,90 € |
60,97 € |
6. A compensación transporte para o persoal dos centros de Finsa Padrón e de Finsa Fibranor establécese en 27,91 euros mensuais desde o 1 de xaneiro de 2025.
7. O complemento de especialidade de mantemento, unha vez aplicados os incrementos pactados para o ano 2025, terán os seguintes importes mensuais:
|
Categorías |
2025 |
|
Oficialía de 1ª e 2ª mantemento |
393,47 € |
|
Oficialía de 3ª mantemento |
262,33 € |
8. O importe do complemento funcional de coxeración, concepto regulado no artigo oitavo do Acordo de convenio colectivo asinado o 9 de xullo de 2024, terá un importe mensual que ascenderá a 262,33 euros mensuais no ano 2025.
9. Tal e como se recolle no Acordo de convenio colectivo asinado o pasado 9 de xullo de 2024 (DOG do 9 de outubro), o importe do vale comida para o sistema de xornada partida (mellora social) será de 11 euros a partir do 1 de xaneiro de 2025.
10. O importe da compensación por traballo en sábado en quenda completa con cargo á bolsa de horas establécese para 2025 en 51,62 euros e o importe da compensación para o segundo sábado de traballo –nos meses de xullo e agosto a xornada completa– será de 77,42 euros.
11. A compensación por redución do período de vacacións continuado a 14 días por necesidades produtivas para os sistemas de dúas quendas e media e tres quendas e media, e para o serradoiro terá un importe de 683,75 euros desde o 1 de xaneiro de 2025.
12. O importe da compensación económica por fraccionamento de vacacións estivais para os sistemas de traballo de cinco e catro quendas e media, prevista no artigo cuarto, puntos 1 e 2, do anexo IX do Acordo de convenio colectivo do 9 de xullo de 2024 será de 55,89 euros/día en 2025.
Cuarto. Rexistro, depósito e publicación
Ambas as partes acordan facultar a Luz Cachafeiro García, titular do DNI núm. 44819014, para que en representación da empresa proceda a realizar os trámites de presentación e rexistro desta acta e os seus anexos na aplicación informática para o Rexistro de Convenios do Ministerio de Traballo e Seguridade Social (Rexcon), co fin de que a autoridade laboral proceda á súa inscrición e publicación.
E en proba de conformidade, ratificando en todas as súas cuestións esta acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.
ANEXO I
Táboa salario base ano 2025 do Convenio Finsa para as fábricas de Galicia
|
Grupo profesional |
Divisións funcionais |
Categorías actuais |
Salario mes |
Salario día |
Salario ano |
|
|
Grupo VII |
GVII |
Produción e actividades de apoio |
Peoa/peón |
1.434,32 |
47,22 |
20.776,80 |
|
Grupo VI |
GVI (N1) |
Produción e actividades de apoio |
Peoa/peón especialista |
1.448,48 |
47,61 |
20.948,40 |
|
GVI (N2) |
Produción e actividades de apoio |
Capataza/capataz de peóns |
1.476,76 |
48,55 |
21.362,00 |
|
|
Almaceneira/o |
||||||
|
Laborante |
||||||
|
Axudanta/axudante produción |
||||||
|
Grupo V |
GV (N1) |
Produción e actividades de apoio |
Oficialía de segunda fabricación |
1.521,94 |
50,08 |
22.035,20 |
|
Admón. e serv. soporte a xestión |
Auxiliar/telefonista |
|||||
|
Mantemento |
Oficialía de terceira mantemento |
|||||
|
Coxeración |
Axudanta/axudante de operador |
|||||
|
GV (N2) |
Produción e actividades de apoio |
Oficialía de primeira fabricación |
1.632,24 |
53,67 |
23.614,80 |
|
|
Oficina almacén repostos |
||||||
|
Analista |
||||||
|
Condutora/condutor mecánico |
||||||
|
Mantemento |
Oficialía de segunda mantemento |
|||||
|
Coxeración |
Operadora/operador de planta |
|||||
|
Admón. e serv. soporte a xestión |
Oficial 2ª de administración/comercial |
1.678,07 |
55,14 |
24.261,60 |
||
|
Delineante |
||||||
|
Persoal técnico |
ATS/tituladas/os universitar. sen experiencia |
|||||
|
Grupo IV |
GIV |
Coxeración |
Técnica/técnico especialista enerxía |
1.775,92 |
58,43 |
25.709,20 |
|
Mantemento |
Oficial especialista mantemento |
|||||
|
Responsable de equipo manto./supervisor |
2.031,5 |
66,85 |
29.414,00 |
|||
|
Admón. e serv. apoio xestión |
Oficialía de primeira admón. |
1.842,28 |
60,59 |
26.659,60 |
||
|
Produción e activ. apoio |
Responsable de equipo |
1,860,08 |
61,17 |
26.914,80 |
||
|
Persoal técnico |
Perito/tituladas/os de grao en evolución |
1.878,79 |
61,77 |
27.178,80 |
||
|
Grupo III |
Grupo III |
Produción |
Funcións técnicas intermedias |
1.911,37 |
62,80 |
27.632,00 |
|
Mantemento |
||||||
|
Admon. e serv. apoio xestión |
||||||
|
Persoal técnico |
Técnica/técnico proxectista |
|||||
|
Grupo II |
Grupo II |
Produción e activ. apoio |
Persoal técnico e responsables de sección (Mantemento, Produción, Loxística, Comercial, Control xestión, Tecnoloxía información, resp. quenda, etc.) |
2.046,57 |
67,29 |
29.607,60 |
|
Mantemento |
||||||
|
Admón. e serv. apoio xestión |
||||||
|
Persoal técnico |
||||||
|
Grupo I |
Grupo I |
Persoal técnico |
Licenciada/licenciado-enxeñeira/o (persoal técnico superior experto nas distintas divisions funcionais/responsables Produción/Mantemento/Admón. e servizos apoio/comercial/loxística, T.I.) |
2.469,45 |
81,21 |
35.732,40 |
|
Grupo 0 |
Grupo 0 |
Persoal directivo |
Posicións directivas (directoras/es de área, directoras/es de fábrica) |
2.556,71 |
80,04 |
36.977,60 |
ANEXO II
Táboa horas extra ano 2025 do Convenio Finsa para as fábricas de Galicia
|
Grupo profesional |
Divisións funcionais |
Categorías actuais |
Horas exceso |
Horas extra |
Horas fest./noct. |
|
|
Grupo VII |
GVII |
Produción e actividades de apoio |
Peoa/peón |
12,14 |
17,71 |
20,25 |
|
Grupo VI |
GVI (N1) |
Produción e actividades de apoio |
Peoa/peón especialista |
12,24 |
17,89 |
20,44 |
|
GVI (N2) |
Produción e actividades de apoio |
Capataza/capataz de peóns |
12,48 |
18,11 |
20,72 |
|
|
Almaceneira/o |
||||||
|
Laborante |
||||||
|
Axudanta/axudante produción |
||||||
|
Grupo V |
GV (N1) |
Produción e actividades de apoio |
Oficialía de segunda fabricación |
12,87 |
18,96 |
21,69 |
|
Admón. e serv. soporte a xestión |
Auxiliar/telefonista |
|||||
|
Mantemento |
Oficialía de terceira mantemento |
|||||
|
Coxeración |
Axudanta/axudante de operador |
|||||
|
GV (N2) |
Produción e actividades de apoio |
Oficialía de primeira fabricación |
13,79 |
20,50 |
23,49 |
|
|
Oficina almacén repostos |
||||||
|
Analista |
||||||
|
Condutora/condutor mecánico |
||||||
|
Mantemento |
Oficialía de segunda mantemento |
|||||
|
Coxeración |
Operadora/operador de planta |
|||||
|
Admón. e serv. soporte a xestión |
Oficial 2ª de administración/comercial |
14,17 |
20,83 |
23,87 |
||
|
Delineante |
||||||
|
Persoal técnico |
ATS/tituladas/os universita. sen experiencia |
|||||
|
Grupo IV |
GIV |
Coxeración |
Técnica/técnico especialista enerxía |
15,02 |
22,67 |
25,94 |
|
Mantemento |
Oficial especialista mantemento |
|||||
|
Responsable de equipo manto./supervisor |
17,18 |
26,40 |
30,18 |
|||
|
Admón. e serv. apoio xestión |
Oficialía de primeira admón. |
15,57 |
23,26 |
26,60 |
||
|
Produción e activ. apoio |
Responsable de equipo |
15,72 |
23,43 |
26,77 |
||
|
Persoal técnico |
Perito/tituladas/os de grao en evolución |
15,88 |
23,60 |
27,01 |
||
|
Grupo III |
Grupo III |
Produción |
Funcions técnicas intermedias |
16,14 |
24,09 |
27,64 |
|
Mantemento |
||||||
|
Admón. e serv. apoio xestión |
||||||
|
Persoal técnico |
Técnica/técnico proxectista |
|||||
|
Grupo II |
Grupo II |
Produción e activ. apoio |
Persoal técnico e responsables de sección (Mantemento, Produción, Loxística, Comercial, Control xestión, Tecnoloxía información, resp. quenda, etc.) |
17,29 |
26,04 |
29,87 |
|
Mantemento |
||||||
|
Admón. e serv. apoio xestión |
||||||
|
Persoal técnico |
||||||
|
Grupo I |
Grupo I |
Persoal técnico |
Licenciada/licenciado-enxeñeira/o (persoal técnico superior experto nas distintas divisions funcionais/responsables Produción/Mantemento/Admón e servizos apoio/comercial/loxística,T.I.) |
20,87 |
31,85 |
36,43 |
|
Grupo 0 |
Grupo 0 |
Persoal directivo |
Posicións directivas (directoras/es de área, directoras/es de fábrica) |
- |
- |
- |
ANEXO III
Táboa de complemento de locomoción ano 2023-2027
Convenio Finsa rateada en 12 meses
|
Categorías |
Quenda partida |
2 quendas |
3 quendas |
4 quendas |
|
Persoal fabricación |
||||
|
Peoa/peón |
37,51 |
49,01 |
50,50 |
52,46 |
|
Peoa/peón especialista |
37,51 |
49,10 |
50,60 |
52,56 |
|
Capataza/capataz de peóns |
37,62 |
49,45 |
50,99 |
52,97 |
|
Axudanta/axudante |
37,62 |
49,45 |
50,99 |
52,97 |
|
Oficialía de segunda |
37,75 |
50,02 |
51,61 |
53,58 |
|
Oficialía de primeira |
37,79 |
50,73 |
52,30 |
54,26 |
|
Responsable de equipo |
38,50 |
53,92 |
55,68 |
57,60 |
|
Responsable de quenda |
38,52 |
54,27 |
56,05 |
58,02 |
|
Encargada/o de sección |
38,53 |
54,62 |
56,38 |
58,34 |
|
Persoal mantemento |
||||
|
Aprendiz |
36,78 |
45,76 |
47,08 |
49,04 |
|
Oficialía de terceira |
37,75 |
50,20 |
51,75 |
53,85 |
|
Oficialía de segunda |
37,96 |
51,39 |
53,04 |
55,00 |
|
Oficialía de primeira |
38,32 |
52,99 |
54,73 |
56,70 |
|
Responsable de equipo |
38,75 |
55,58 |
57,41 |
59,37 |
|
Responsable de taller |
39,89 |
61,25 |
63,39 |
65,35 |
|
Responsable de mantemento |
40,54 |
64,21 |
66,52 |
68,49 |
|
Persoal coxeración |
||||
|
Axudanta/axudante de operador |
37,75 |
50,20 |
51,75 |
53,85 |
|
Operadora/operador de planta |
37,96 |
51,39 |
53,04 |
55,00 |
|
Técnica/técnico especialista |
38,32 |
52,99 |
54,73 |
56,70 |
|
Encargada/encargado de planta |
39,89 |
61,25 |
63,39 |
65,35 |
|
Persoal subalterno |
||||
|
Almaceneira/o-ordenanza |
37,58 |
49,38 |
50,88 |
52,84 |
|
Choferesa/chófer turismo |
37,64 |
50,00 |
51,54 |
53,52 |
|
Condutora/condutor mecánico |
37,89 |
51,01 |
52,65 |
54,62 |
|
Persoal administrativo |
||||
|
Aspirante |
37,07 |
- |
- |
- |
|
Auxiliar/telefonista |
37,57 |
- |
- |
- |
|
Oficialía de segunda |
38,02 |
- |
- |
- |
|
Oficialía de primeira |
38,35 |
- |
- |
- |
|
Responsable |
38,83 |
- |
- |
- |
|
Responsable de administración |
39,86 |
- |
- |
- |
|
Persoal técnico |
||||
|
Analista |
37,58 |
- |
- |
- |
|
Delineante |
38,02 |
- |
- |
- |
|
ATS |
- |
- |
- |
- |
|
Perito |
38,45 |
- |
- |
- |
|
Técnica/técnico proxectista |
38,45 |
- |
- |
- |
|
Licenciada/licenciado-enxeñeira/o |
39,86 |
- |
- |
- |
