Expediente: IN407A 2022/064-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: anexo LMT, CT, RBT Bouzamonte.
Concello: Frades.
Advertidos erros na Resolución do 13 de maio de 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2022/064-1), cómpre emendar o anexo, relación de bens e dereitos afectados, punto 3, ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No punto 3), referido ao predio número 10, onde di:
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:
– ml aér.: 90,41.
– m² aér.: 904.0.
Debe dicir:
– ml aér.: 34,53.
– m² aér.: 366.0.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 15 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
