Mediante a Resolución da Alcaldía do 16 de maio de 2025, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de administrativo/a-adxunto á Secretaría, pertencente á oferta de emprego público de 2023, en réxime de funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).
Bóveda, 26 de maio de 2025
José Manuel Arias López
Alcalde
