DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de abril de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Coristanco (expediente DH.A15.86793).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Erbecedo.

CIF: ****7309*.

Expediente: DH.A15. 86793.

Volume total anual: 33.685,75 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,05 l/s.

Orixe:

Manancial 1. X= 523.149; Y= 4.777.057.

Manancial 2. X= 523.065; Y= 4.777.215.

Manancial 3. X= 523.073; Y= 4.777.210.

Manancial 4. X= 523.086; Y= 4.777.213.

Rego da Ponte. X= 523.210; Y= 4.776.944.

(Coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).

Lugar: Camposa.

Parroquia: Erbecedo.

Concello: Coristanco (A Coruña).

Destino: abastecemento.

Parroquia: Erbecedo.

Concello: Coristanco (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

Trátase de cinco captacións, catro delas procedentes de manancial e outra procedente de Rego da Ponte.

A captación do río realízase mediante un pequeno dique no río que permite a derivación das augas cara a dous compartimentos separados con barreiras para poder encorar a auga e realizar unha pequena retención de sólidos. Tras estes compartimentos a auga almacénase nunha arqueta (referencia catastral 15029A059005400000DS), que conta con desaugadoiro para devolver as augas sobrantes ao río.

Por outro lado, a captación de augas do manancial 1 realízase nunha arqueta na referencia catastral 15029A059004890000DL.

Por último, na parcela con referencia catastral 15029A059004460000DH sitúanse as captacións dos mananciais 2, 3 e 4, que se unen nunha arqueta de reunión.

As augas da condución procedente de Rego da Ponte e do manancial 1 únense e condúcense ata dous depósitos situados na referencia catastral 15029A061003010000DX. Así mesmo, as augas da arqueta de reunión que recolle os mananciais 2, 3 e 4 tamén se conducen cara a estes depósitos, desde onde se distribúe a auga para abastecer a parroquia de Erbecedo.

A documentación pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 da Coruña (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

A Coruña, 3 de abril de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Norte