DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2025 Páx. 31117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia, do contrato administrativo de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Triacastela. Concello de Triacastela (Lugo)-obra con referencia de expediente AUG-2024-0108. Referencia de expediente AUG-2024-0130.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador.

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código NUTS do emprazamento principal do servizo: ES112 Triacastela (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Triacastela. Concello de Triacastela (Lugo)-obra con referencia de expediente AUG-2024-0108. Referencia de expediente: AUG-2024-0130.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 20.739,72 euros. Importe total: 25.095,06 euros.

8. Valor estimado do contrato: 27.440,37 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (20.739,72 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (6.700,65 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (15), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (15), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (12), medidas para o impulso demográfico (10) e sistema de seguimento da programación da obra (7).

11. Data da adxudicación do contrato: 3 de febreiro de 2025.

12. Número de ofertas recibidas.

12.1. Ofertas totais: 6.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 13 de febreiro de 2025.

14. Empresa contratista.

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: TPF Getinsa Euroestudios, S.L.

14.2. NIF: B84840685.

14.3. Enderezo: polígono Pocomaco, avenida Quinta D-4, portal 17-2º andar, porta 1, 15190 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: ofertas@tpfingenieria.com

14.6. Fax: 914 18 21 12.

14.7. Teléfono: 661 33 05 37.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada.

Importe neto: 17.110,28 euros. Importe total: 20.703,44 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (Pepac) en Galicia. A actuación encádrase dentro do PEPAC na Intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais, e Subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento.

O contratista está obrigado a realizar á súa costa as actividades de comunicación, información e publicidade da actuación contratada, en si mesma ou das súas características máis relevantes, de xeito suficiente nos medios de difusión e/ou outros medios específicos, que sexan necesarias ou oportunas, seguindo as instrucións e indicacións que se proporcionen polo órgano de contratación a través do responsable do contrato.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 27 de agosto de 2024.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 4 de febreiro de 2025.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 16 de febreiro de 2025.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia