BDNS (Identif.): 836462.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/836462
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán participar os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2024/25 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Segundo. Obxecto
Convocar e regular os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 20 de maio de 2025, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).
Cuarto. Importe
Concederase un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
|
Román Rodríguez González Conselleiro de Educación, Ciencia, |
Gabriel Alén Castro Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia |
