En sesión que tivo lugar o día 20 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análise de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co previsto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación das persoas convocadas:
|
Apelidos e nome |
NIF |
Cualificación 2º exercicio |
|
Gutiérrez Latova, Jaime |
***5516** |
Non apto |
|
López Garnil, Laura |
***6645** |
Non presentada |
|
Mosteiro Vázquez, Martín |
***6388** |
Apto |
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025
María Polo Piñeiro
Presidenta do tribunal
