Expediente: IN407A 2023/187-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: peche Villas e repotenciación do CT Laxe III (15XDA4).
Concello: Laxe.
1. Características técnicas:
• LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 717 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT edificio Plaza (15XSP7) existente e remate no CTC proxectado.
• LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 1.068 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no empalmes que se van realizar no PAR proxectado na LMT CBA804, procedente da subestación Cabana, situado enfronte do CT edificio Plaza (15XSP7) e remate no CT edificio Marina (15XBCL).
• LMTS (actuación 3) a 20 kV, de 377 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CTC proxectado e remate no CT edificio Marina 15XBCL.
• Desmontaxe do treito LMTA 1.162 m, condutor LA-30 e LA-56 (exped. 50.042) da CBA804, procedente da subestación Cabana. Substitución do apoio nº 9H69XJ1A//79 tipo HV-400/15 por tipo C-3000/14. Desmontaxe dos apoios que van desde o nº 80 ao 88, incluídos, xunto cos apoios 87-1 e 84-1-CT. Retensado dos vans adxacentes.
• Desmontaxe do treito LMTS de 256 m, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) da LMT CBA804 (IN407A 04/474).
• CT compacto prefabricado de manobra exterior telecontrolado, que se vai instalar nun predio da rúa Campo, cunha potencia de 250 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.
• Desmantelamento do CTI Laxe III (15XDA4, exped. 50.042) instalado no apoio nº 9H9DGXSQ//84-1-CT que se vai desmontar.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 9 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Laxe
Peche Villas e repotenciación CT Laxe III (15XDA4)
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Rúa Campo, 12, 957801MH9895N0001GK |
Rústico agrario Labor ou labradío secaño |
Nieves Sacedón Cabanas Gumersindo Sacedón Suárez Manuel Sacedón Suárez |
Centro de transformación e acceso |
17,45 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2
m2 sot.: superficie de servidume soterrada
