DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Incio (expediente IN407A 2024/173-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: reforma da LMTA SAR804 no treito entre os apoios núm. D74-36-X0 e núm. D74-36-17 (O Incio).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avda. de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

Reforma da LMTA SAR804, no treito comprendido entre os apoios núms. D74-36-X0 e D74-36-17, substituíndo seis apoios de formigón e un apoio de chapa metálica existentes por uns novos de celosía metálica de tipo C-14/1000 e C-16/2000, e substitución do condutor existente de tipo PAS-50 por outro de tipo LA-56, cunha lonxitude de 1.370 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello do Incio. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/oincio

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 9 de maio de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de reforma da LMTA SAR804 no treito entre os apoios núm. D74-36-X0 e núm. D74-36-17 (O Incio)

Concello: O Incio (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/173-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio (nº)

Apoio (cant.)

Sup. (m2)

Voo (long.)

Voo (sup. m2)

1

6

309

Lama Mia

Prado

Eliseo Toirán Fernández

16

355

3

7

361

Piñeiro

Prado

Manuel Losada López

115

6

6

196

Piñeiro

Monte alto

María del Pilar López Díaz

54

854

8

6

187

Piñeiro

Prado

María Isabel López Pérez

66

1.058

11

6

455

Piñeiro

Monte alto

Hdros. de Juan Antonio Losada López

8

161

13

7

202

Barreiro

Prado

Descoñecido/a

20

331

20

7

154

Arrigueira

Monte alto

Jesús López Sanmartín

D74-36-6

1

2

56

893

25

7

161

Arrigueira

Monte alto

Hdros. de Consuelo Díaz Pérez

24

374

27

7

163

Rigueira

Monte alto

Descoñecido/a

D74-36-8

1

2

50

660

37

7

125

Cubelas

Monte alto

Descoñecido/a

4

90

40

1

1423

Monteagudo

Monte alto

Hdros. de Consuelo Díaz Pérez

65

976