DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente 2024/174 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: Adecuación LMTA MOF808 entre apoios núm. D24-8-B-1 e núm. D-24-8-B-13 (Monforte de Lemos).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avda. América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• Reforma da LMTA MOF808, no tramo comprendido entre os apoios núms. D24-B-8-1 e D24-B-8-13, substituíndo dez apoios de madeira existentes por catro de celosía metálica de tipo C-14/1000, C-16/1000 e C-18/1000 e renovación do condutor existente de tipo LA-56, cunha lonxitude de 555 m. Instalación de seccionadores de tipo XS nos apoios números D24-8-B-1 e D24-8-B-14.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Monforte de Lemos. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/monforte-de-lemos2

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 9 de maio de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación LMTA MOF808 entre apoios núm. D24-8-B-1 e núm. D-24-8-B-13 (Monforte de Lemos)

Concello: Monforte de Lemos (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/174-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio (nº)

Apoio (cant.)

Sup. (m2)

Voo (long.)

Voo (sup. m2)

2

2

259

Insua

Prado

Descoñecido/a

16

257

3

2

260

Insua

Prado

Descoñecido/a

15

244

4

2

261

Insua

Prado

Descoñecido/a

16

204