DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO de 19 de maio de 2025, de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PO-0174-2024.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0174-2024, aos herdeiros da persoa interesada con documento nacional de identidade número 20355711K.

O expediente relacionado atópase a disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística