De conformidade co indicado no artigo 110 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, anúnciase a convocatoria do proceso selectivo para a provisión pola quenda de promoción interna de vacante do posto de coordinador/a de administración do nivel 2 do grupo xeral do cadro de persoal de Retegal (titulado medio).
O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As bases así como as distintas convocatorias publicaranse no taboleiro de anuncios da sociedade e na páxina web de Retegal (www.retegal.gal).
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
María Pilar Chapela Villanueva
Directora xerente de Redes de Telecomunicación
Galegas Retegal, S.A.
