O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e reaxuste de rasantes á realidade existente no POL-9, Santa Cruz (documento NRE 2024026209, do 10 de decembro).
Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.
O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org
Oleiros, 12 de maio de 2025
Ángel García Seoane
Alcalde presidente
