A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros, na sesión que tivo lugar o 16 de abril de 2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para a ordenación de volumes na rúa do Cabo, número 24, promovido pola entidade mercantil Escoriher, S.L., e redactado polos arquitectos María Carmen Escorihuela Vitales, Antón Varela García, Miguel Alonso Flamarique e Roberto Erviti Machain, cos números de colexiados do COAA, COAG e COAVN 3804, 3322, 3093 e 3098, respectivamente.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará á disposición do público no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Muros, e tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo do Concello de Muros (Curro da Praza, 1), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.
Muros, 12 de maio de 2025
María Lago Lestón
Alcaldesa
