DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria do posto de traballo polo sistema de concurso da xefatura de Sección de Urbanismo e Infraestruturas.

No Boletín Oficial da provincia núm. 66, do 7 de abril de 2025, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, do posto de xefatura de Sección de Urbanismo e Infraestruturas.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince (15) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 5 de maio de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística