Inversiones As Ceñas, S.L., solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Inversiones As Ceñas, S.L.
Expediente: DH.W36.99543.
Concello: Vilanova de Arousa.
Descrición das obras: instalación de piscina prefabricada e construcións auxiliares a ela, na parcela catastral 36061A323100980000MO.
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Vilanova de Arousa ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, nº 3, 4º andar, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 6 de maio de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
