DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de marzo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Moraña (expediente DH.W36.104825).

A Deputación Provincial de Pontevedra solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Deputación Provincial de Pontevedra.

Expediente: DH.W36.104825.

Concello: Moraña.

Descrición das obras: mellora da seguridade viaria na EP-0503, entre os pp.qq. 2,300 e 3,624. As obras inclúen a execución dunha nova ponte sobre o río Gundeiro.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Moraña ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, nº 3, 4º andar, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 20 de marzo de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur