Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LMTA 15 kV SBN717B Zapateira provisional, no concello de Culleredo (expediente IN407A 2023/417-1), correspondente ao predio e á titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 19 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/417-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LMTA 15 kV SBN717B Zapateira provisional.
Concello: Culleredo.
|
Predio |
Lugar |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Penas Quedas |
17 |
23 |
Descoñecida |
28.5.2025 |
