DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2023/457-1, no concello de Culleredo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada renovación do apoio AF7MJSBE//38 da LAMT 15 kV SBN717B Zapateira provisional 17, no concello de Culleredo (expediente IN407A 2023/457-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 20 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/457-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: renovación do apoio AF7MJSBE//38 da LAMT 15 kV SBN717B Zapateira provisional 17.

Concello: Culleredo.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Coto Grande

14

225

Descoñecida

28.5.2025