En sesión que tivo lugar o 15 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de agosto de 2024 (DOG núm. 166, do 29 de agosto, corrección de erros DOG núm. 190, do 2 de outubro), cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no grupo 1, dirección do centro de documentación e apoio ao consello, no Consello Económico e Social, de conformidade co disposto na convocatoria:
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a baremación definitiva da fase de concurso que figura no anexo I desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de acordo co disposto na base III.4 da convocatoria.
A baremación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org
Segundo. Facer pública, de acordo co disposto na base V.2 da convocatoria, a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal) que figura no anexo II desta resolución.
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org
Terceiro. Propoñer o nomeamento como persoal laboral fixo da persoa aspirante que superou o proceso selectivo e que figura no anexo III desta resolución, de conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, así como a súa publicación no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org
Cuarto. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025
Patricia Roiloa Rodríguez
Presidenta do tribunal
ANEXO I
Baremación definitiva da fase de concurso (base III.4):
|
NIF |
Apelidos e nome |
III.2.1.1. experiencia profesional |
III.2.1.2. outros méritos |
Total puntuación |
|
***1755** |
Lomba Molinos, Sara |
30 |
7,50 |
37,50 |
ANEXO II
Cualificación do proceso selectivo (base V.2):
|
NIF |
Apelidos e nome |
III.1. fase oposición |
III.2. fase concurso |
Total puntuación |
|
***1755** |
Lomba Molinos, Sara |
40,20 |
37,50 |
77,70 |
ANEXO III
Persoas que superan o proceso selectivo propostas para ser nomeadas como persoal laboral fixo (base V.2):
|
NIF |
Apelidos e nome |
|
***1755** |
Lomba Molinos, Sara |
