DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31395

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 1 (dirección do Departamento de Xestión), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 28 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 15 de abril de 2025, o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo I (dirección do Departamento de Xestión) nomeado pola Resolución do Consello Económico e Social de Galicia, do 11 de novembro de 2024 (DOG núm. 226, do 22 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a baremación provisional da fase de concurso que figura no anexo desta resolución con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base III.3 da convocatoria. De acordo co disposto na mesma base, contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org

Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025

Patricia Roiloa Rodríguez
Presidenta do tribunal

ANEXO

Baremación provisional da fase de concurso (base III.3):

NIF

Apelidos e nome

III.1.1.1

experiencia profesional

III.1.1.2 outros méritos: formación

Total puntuación

***7897**

Castaño Torrado, Berta

24,87

29

53,87

***2694**

Castro Lodeiro, Fernando

22,13

30

52,13

***9840**

Liñares Becerra, Natalia

24,50

29

53,50

***1755**

Lomba Molinos, Sara

48,2

12,95

61,15

***1068**

Martínez Villaverde, Juan José

25,87

30

55,87

***9785**

Reza Conde, María Cristina

23,50

30

53,50

***0838**

Seoane García, María Carmen

1,62

25

26,62

***6679**

Veiga Hermida, Juan Carlos

70

23,34

93,34

***7046**

Vidal Paz, María Carmen

0

27,60

27,60

***9798**

Zotes Tarrío, Yolanda Nélida

25,25

30

55,25