DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31449

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da cesión gratuíta de parcelas do patrimonio municipal do solo para a construción de vivendas de promoción pública (expediente 6A2/2024/341).

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña, na sesión ordinaria que tivo lugar o 23 de abril de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo que se transcribe literalmente a seguir: 

«Primeiro. Estimar parcialmente a alegación presentada por Benedito Álvarez García, no sentido de corrixir a mención de vivenda pública pola de vivenda de promoción pública.

Segundo. Aprobar definitivamente a cesión gratuíta, suxeita á condición ou cláusula modal de afectación permanente das parcelas ao cumprimento, no prazo sinalado na Memoria da Oficina Técnica de Solo, do fin de construción de vivenda de promoción pública na cidade da Coruña, á Sociedade Vivenda Pública de Galicia, S.A., das seguintes parcelas municipais integrantes do patrimonio municipal do solo:

a) Parcela B5 do polígono F6.02-Praza porticada I-PB5.

Localización: rúa Rey Abdullah, s/n, A Coruña.

Superficie: 281,80 m2.

Referencia catastral: 7716064NJ4071N0001OM.

Código: C-CORUREI1-ACE.

b) Parcela 5D Os Rosales, das resultantes do proxecto de compensación do polígono Los Rosales.

Localización: polígono Los Rosales; zona Elíptica, A Coruña.

Superficie: 1.220,00 m2.

Referencia catastral: 5725501NJ4052N0001LO.

Código: C-CORUSIM1-ACE.

c) Parcela R3 Pedro Fernández; resultante da execución do proxecto de equidistribución do polígono 1 lugar de Pedro Fernández I.

Localización: polígono 1 lugar de Pedro Fernández I, A Coruña.

Superficie: 1.238,20 m2.

Referencia catastral: 9758603NH4997N0001YP.

Código: C-CORUPED1-ACE.

d) Parcela R4 Pedro Fernández; resultante da execución do proxecto de equidistribución do polígono 1 lugar de Pedro Fernández I.

Localización: polígono 1 lugar de Pedro Fernández I, A Coruña.

Superficie: 290,47 m2.

Referencia catastral: 9758604NH4997N0001GP.

Código: C-CORUPED2-ACE.

Terceiro. Levar a cabo as modificacións oportunas no Inventario municipal de bens inmobles integrantes do patrimonio municipal do solo e comunicar ao órgano competente da Xunta de Galicia a cesión gratuíta das parcelas municipais.

Cuarto. Notificar este acordo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, á Sociedade Vivenda Pública de Galicia, S.A. e a Benedito Álvarez García.

Quinto. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Facultar o concelleiro responsable da Área de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación para a realización de cantos actos, trámites e xestións sexan procedentes para o bo fin do acordo adoptado».

A Coruña, 30 de abril de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP nº 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda