DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de aprobación das bases e convocatoria para a selección dun funcionario de carreira administrativo/a de Administración xeral (C1) mediante oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 102, do 6 de maio de 2025 foron publicadas as bases reguladoras do proceso de selección mediante oposición libre, dun funcionario/a de carreira administrativo/a de Administración xeral (C1). OEP 2024 (expediente 292/2025).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Guitiriz, 9 de maio de 2025

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa