DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31452

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de abril de 2025, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Teo. Modificación puntual nº 4. Actuacións residenciais unitarias consolidadas, do 18 de marzo de 2025, promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado polos servizos técnicos municipais.

De conformidade co artigo 47 da LSG e co 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da citada modificación puntual non substancial.

A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva da modificación puntual non substancial.

A área afectada pola suspensión é a do ámbito da modificación substancial que se concreta nas ordenanza U-6. Actuacións residenciais unitarias consolidadas (artigo 109 do PXOM).

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial del Estado (83 da LSG, 200 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).

O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que, por resultaren descoñecidas ou por se ignorar o seu enderezo, non poidan ser notificadas persoalmente ou, intentada a notificación, non se puidese efectuar.

O anuncio de información pública publicarase, así mesmo, na paxina web (www.teo.gal), na sede electrónica (artigo 70 ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU) e no portal de transparencia do Concello de Teo (7.e) LT).

O expediente completo estará á disposición das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Teo, 7 de maio de 2025

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa