O día 28 de maio de 2025 tivo lugar a sesión do tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia e de persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) (grupo II).
Mediante a Resolución do 4 de outubro de 2024 (DOG núm. 197, do 11 de outubro), este tribunal acordou a publicación da baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías profesionais. Este baremo configurouse en función do número de prazas convocadas e das puntuacións declaradas previamente polas persoas aspirantes, avaliándose, nun primeiro momento, soamente aquelas solicitudes de participación que dada a puntuación obtida no autobaremo foron susceptibles de obter unha das prazas convocadas. Para estes efectos considerouse que o número mínimo de solicitudes para avaliar foi do dobre das prazas convocadas.
Durante o desenvolvemento dos procesos selectivos, producíronse varias decisións xudiciais que afectaron a aplicación da regra de cómputo da experiencia profesional para o persoal que tivese prestado servizos de carácter descontinuo e que non foron tidas en conta polas persoas participantes no momento de configurar o seu autobaremo, o que comporta a necesidade de realizar un baremo complementario que inclúa o resto das solicitudes de participación que non foron baremadas provisionalmente, coa finalidade de evitar prexuízos de difícil ou imposible reparación e provocar indefensión para as persoas aspirantes.
Polas razóns expostas, este tribunal acordou pola Resolución do 23 de abril de 2025 (DOG núm. 80, do 28 de abril) facer pública unha baremación provisional complementaria do concurso de méritos para o ingreso na categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que non foron baremadas provisionalmente na antedita resolución. A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, contra a baremación provisional, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.
Engade a convocatoria que á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.
De conformidade co exposto, examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes á categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, en sesión que tivo lugar o 28 de maio de 2025, este tribunal
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a baremación definitiva complementaria do concurso de méritos na categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025
Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal
ANEXO
Categorías profesionais de persoal laboral en que se publica o baremo definitivo complementario
|
Grupo II-V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia |
|
Cat. 39. Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais |
