DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31612

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B e 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba visual.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo), unha vez aprobada, nesta mesma sesión, a relación da baremación definitiva complementaria das persoas aspirantes nos procesos selectivos para o acceso ás categorías 10B e 10C do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Convocar para o día 11 de xuño de 2025, ás 13.00 horas, no salón de actos número 2 do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña), para a realización da proba visual, de conformidade co disposto na base II.7.3. da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) pola que modifica a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), pola que se convoca o proceso selectivo, as persoas aspirantes das categorías 10B e 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia que se relacionan no anexo publicado no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta. A convocatoria realizarase en chamamento único.

Por tratarse dunha proba visual complementaria, este chamamento realizarase única e exclusivamente para persoas aspirantes que non foron convocadas naquel outro realizado o día 2 de decembro de 2024, segundo a Resolución deste tribunal do 26 de novembro de 2024 (DOG núm. 230, do 28 de novembro). En consecuencia, as persoas aspirantes convocadas para a realización das probas o pasado 2 de decembro de 2024 conservarán o resultado do dito chamamento.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal