DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31530

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR949A).

BDNS (Identif.): 836743.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/836743

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR949A).

Cuarto. Importe

Para o exercicio económico de 2025, o crédito orzamentario para financiar estas axudas é de 1.440.000 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Beneficiarias

Crédito orzamentario

05.02.441A.780.1

2013 00039

Federacións e clubs deportivos

1.390.000 €

05.02.441A.770.1

2013 00039

Sociedades anónimas deportivas

50.000 €

No caso da aplicación orzamentaria 05.02.441A.780.1, o crédito orzamentario distribuirase nas seguintes liñas en función dos destinatarios:

– Liña I: Clubs deportivos, para a que se reserva un importe de 1.112.000 €.

– Liña II: Federacións deportivas, para a que se reserva un importe de 278.000 €.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes