En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de maio de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Muras (repotenciación), sito nos concellos de Muras e Ourol (Lugo) e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A (expediente IN408A 2024/010).
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de maio de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Muras (repotenciación), sito nos concellos de Muras e Ourol (Lugo) e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (expediente IN408A 2024/010)
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Iberdrola Renovables, S.L., en relación coa declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais do parque eólico Muras (repotenciación), sito nos concellos de Muras e Ourol (Lugo) e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (expediente IN408A 2024/010), constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. Con data do 28 de xuño de 2024, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico Muras Repotenciación, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Posteriormente, e tras requirimento desta dirección xeral, con data do 12 de xullo de 2024 Iberdrola Renovables Galicia, S.A. presentou nova documentación técnica.
Segundo. Mediante o Acordo do 23 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de modificación substancial das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico de Muras, nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN408A 2024/010).
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 169, do 3 de setembro de 2024. Así mesmo, foi remitido para a exposición ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados (Muras e Ourol), e nas dependencias da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático do Departamento Territorial de Lugo. Así mesmo, o dito acordo estivo exposto no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.
Terceiro. O 11 de setembro de 2024 o Servizo de Enerxía e Minas de Lugo da Consellería de Economía e Industria informou que as infraestruturas do parque eólico Muras Repotenciación están proxectadas en terreos afectados polo seguinte dereito mineiro:
– Concesión derivada de explotación número LU/C/05386 «Marisa Rega Fracción 1ª» da sección C), o cal consta outorgado por Resolución do 16 de xaneiro de 1992, titularidade de Cuiña, S.A.
Cuarto. O 26 de setembro de 2024, o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle ao Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático informe do 16 de setembro de 2024 do Servizo de Montes de Lugo de aproveitamentos de masas forestais no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, indicando que o proxecto afecta:
– A CMVMC de Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán (Sixto).
– A CMVMC de Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico ao Raso (Ourol).
Quinto. Con data do 10 de febreiro de 2025, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. achegou a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, así como a declaración responsable dos acordos cos propietarios das parcelas afectadas actualizadas como consecuencia do trámite de información pública.
Como consecuencia do incremento da afección nalgúns dos predios afectados polo proxecto do parque eólico, esta dirección xeral procedeu a notificarlle individualmente as novas afeccións aos seus titulares.
O Anuncio do 26 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se notifica a varias persoas interesadas a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Muras repotenciación (expediente IN408A 2024/010) foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 48, do 11 de marzo de 2025, así como taboleiro de edictos único (TEU) número 63, do 14 de marzo de 2025.
Sexto. Con data do 12 de febreiro de 2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, co titular do dereito mineiro afectado (concesión derivada de explotación número LU/C/05386 «Marisa Rega Fracción 1ª» da sección C) de acordo co informe do Servizo de Enerxía e Minas de Lugo da Consellería de Economía e Industria recollido no antecedente de feito terceiro, concedéndolle un prazo de quince días para presentar as alegacións que xulgasen oportunas.
A notificación electrónica da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático do 12 de febreiro 2025 e postal do 7 de marzo de 2025, en que se lle outorgaba trámite de audiencia a Cuíña, S.A. non foron recollidas pola dita sociedade.
Sétimo. Mediante Resolución do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgáronse a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Muras, a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Muras (repotenciación), sito nos concellos de Muras e Ourol (Lugo) e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (expediente IN408A 2024/010).
Oitavo. Con data do 21 de febreiro de 2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán; Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico o Raso) de acordo co informe do Servizo de Montes de Lugo recollido no antecedente de feito cuarto, concedéndolles un prazo de quince días para presentar as alegacións que xulgasen oportunas. Durante o dito prazo, as ditas comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentaron alegacións ningunha.
Noveno. O 24 de febreiro de 2025 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu da Sección de Enerxías Renovables do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático informe do 21 de febreiro de 2025 en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en que conclúe indicando: «O día 20 de febreiro do 2025 realizouse a visita os terreos polos que discorre o parque eólico proxectado e non se apreciou, dentro do que a orografía permite, limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na RBDA. Todo iso conforme o disposto nos artigos 58 da lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica».
Décimo. Con data do 17 de marzo de 2025, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. achegou unha emenda relativa á relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados así como a declaración responsable dos acordos cos propietarios das parcelas afectadas actualizadas como consecuencia do trámite de información pública realizada con data do 10 de febreiro de 2025 mencionada no antecedente de feito quinto.
Décimo primeiro. Con data do 27 de marzo de 2025, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas remitiulle a esta dirección xeral informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do dereito mineiro afectado elaborado polo Servizo de Enerxía e Minas da provincia de Lugo con data do 26 de marzo de 2025, en que indica que «tendo en conta todo o que antecede e, á vista da documentación que forma parte dos correspondentes expedientes administrativos que constan nesta dirección territorial, non hai obxección algunha para declarar a compatibilidade entre o antedito dereito mineiro e a execución das infraestruturas eléctricas de referencia».
Décimo segundo. Con data do 2 de maio de 2025 o Servizo da Propiedade Forestal remitiulle a esta dirección xeral informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados elaborado polo Servizo de Montes da provincia de Lugo con data do 30 de abril de 2025.
No informe do Servizo de Montes de Lugo indícase o seguinte:
«En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, informo favorablemente sobre a compatibilidade da actuación proposta co aproveitamento forestal afectado, agás nas zonas de pleno dominio e servidume coas súas correspondentes faixas de xestión de biomasa, sen prexuízo doutros informes preceptivos e sempre que se xustifique o cumprimento establecido no Decreto 260/1992, do 4 de setembro, que regula a Lei 13/1989, de 10 de outubro de montes veciñais en man común sobre expropiación forzosa ou a formalización do correspondente acto de disposición e da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios de Galicia, sobre as distancias de protección previstas para manter as faixas exixidas».
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
1. En relación coas distancias a núcleos de poboación, indicar que con data do 23 de maio de 2024 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33 da Lei 8/2009 onde se indica:
«2.1. Segundo se desprende do contido da nota interior coa que se solicita o informe, a distancia mínima para considerar é a prevista na disposición adicional quinta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, introducida pola da Lei 18/2021, do 25 de febreiro, de medidas económicas e financeiras de Galicia. É dicir: cinco veces a altura do aeroxerador (buxa+pa). Neste caso: 5×(84+58,5)=712,5 m.
2.2. Comprobados os planeamentos vixentes nos concellos afectados pola área de incidencia urbanística proposta (Normas subsidiarias de planeamento do Concello de Muras do 18.9.1987 e do Concello de Ourol do 9.10.1984), e as coordenadas dos 11 aeroxeradores especificadas no punto 4 do apéndice 1 memoria do proxecto de renovación tecnolóxica, conclúese que todos os aeroxeradores cumpren a citada distancia mínima coas diferentes delimitacións de solos urbanos, urbanizables e de núcleo rural con carácter residencial, o que se informa para que sexa tido en conta pola DXPERN na tramitación do proxecto».
2. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 30 de xaneiro de 2025, en que se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental nas cales se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.
Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, e tal e como se recolle no antecedente de feito décimo segundo, recibíronse informes dos seguintes organismos: Augas de Galicia-Demarcación Galicia Costa, Axencia Turismo de Galicia, Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica e Instituto de Estudos do Territorio.
3. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador por non ser obxecto desta resolución a declaración de utilidade pública, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.
4. En relación coa alegación en que solicitan o mantemento da rede de camiños principais que dan acceso ao parque eólico, toda vez que vertebran o territorio, facilitan ao acceso aos gandeiros para atender o seu gando e explotar os predios, ao acceso en caso de incendios e por estar plenamente integrados no contorno, indicar que Iberdrola Renovables Galicia, S.A. respondeu indicando que non ten inconveniente ningún e comprometéndose no mantemento da antedita rede viaria.
Cuarto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro afectado, (concesión derivada de explotación número LU/C/05386 «Marisa Rega Fracción 1ª» da sección C) e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coa sociedade Cuíña, S.A., o 27 de marzo de 2025 a Dirección Xeral de Planificación Enerxéticas e Minas remitiulle á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do dereito mineiro afectado elaborado polo Servizo de Enerxía e Minas da provincia de Lugo con data do 26 de marzo de 2025, en que indica que «tendo en conta todo o que antecede e á vista da documentación que forma parte dos correspondentes expedientes administrativos que constan nesta dirección territorial, non hai obxección algunha para declarar a compatibilidade entre o antedito dereito mineiro e a execución das infraestruturas eléctricas de referencia».
Quinto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coas CMVMC de Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán (Sixto) e de Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico ao Raso (Ourol), o 2 de maio de 2025 o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático informe do Servizo de Montes do departamento territorial de Lugo do 30 de abril de 2025 que se transcribe a seguir:
«En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, informo favorablemente sobre a compatibilidade da actuación proposta co aproveitamento forestal afectado, agás nas zonas de pleno dominio e servidume coas súas correspondentes faixas de xestión de biomasa, sen prexuízo doutros informes preceptivos e sempre que se xustifique o cumprimento establecido no Decreto 260/1992, do 4 de setembro, que regula a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común sobre expropiación forzosa ou a formalización do correspondente acto de disposición e da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios de Galicia, sobre as distancias de protección previstas para manter as faixas exixidas».
De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Muras (repotenciación), segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I deste acordo.
Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro afectado:
– Concesión derivada de explotación número LU/C/05386 «Marisa Rega Fracción 1ª» da sección C), o cal consta outorgado por Resolución do 16 de xaneiro de 1992, titularidade de Cuíña, S.A.
Terceiro. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán (Sixto) e de Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico o Raso (Ourol).
A presente autorización axustarase ao cumprimento da seguinte condición:
Deberase cumprir co condicionado recollido no informe do 30 de abril de 2025 emitido polo Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo mencionado no antecedente de feito décimo segundo.
Cuarto. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 148.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de renovación tecnolóxica
do parque eólico Muras, nos concellos de Muras e Ourol (Lugo)
(expediente IN408A 2024/010)
|
Nº |
Datos catastrais |
Titulares |
Afeccións (m²) |
||||||||||||||
|
Pleno dominio |
Servidume |
Serv. voo aero |
Serv. voo aero-vieiro |
Serv. voo aero-gabia |
Serv. voo aero-vieiro-gabia |
O.T. |
|||||||||||
|
Pol. |
Parc. |
Ref. cat. |
Cultivo |
Lugar |
Nome e apelidos |
Nº aer. |
Cim. |
Plat. |
Vieiro |
Gabia |
Vieiro-gabia |
||||||
|
Concello de Muras (Lugo) |
|||||||||||||||||
|
1 |
35 |
247 |
27033A03500247 |
Prado-eucalipto |
Olivera |
Modesto José Bellas Lorenzo |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3529 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
José Bellas Lorenzo |
|||||||||||||||||
|
2 |
35 |
187 |
27033A03500187 |
Matogueira |
Chao Pena de Corvos |
Jesús Varela Ríos |
14.1 |
307 |
3.388 |
1.115 |
695 |
0 |
6.427 |
177 |
392 |
0 |
1.507 |
|
7 |
35 |
35 |
27033A03500035 |
Matogueira |
Pena de Perucho |
Manuel Castelo García |
|
0 |
0 |
2.105 |
99 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
2.383 |
|
Jesús Castelo García |
|||||||||||||||||
|
12 |
35 |
25 |
27033A03500025 |
Matogueira |
Caxigal |
Elda Nélida López López |
14.2 |
307 |
3.762 |
3.781 |
4.359 |
0 |
5.534 |
120 |
963 |
0 |
5.967 |
|
13 |
35 |
3 |
27033A03500003 |
Pastos |
Revolta das Silvas |
Palmira Pernas Guerreiro |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
125 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
36 |
37 |
265 |
27033A03700265 |
Matogueira |
Veiga do Medio |
Veciños do Debodas Pq Muras |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
5.987 |
|
51 |
39 |
230 |
27033A03900230 |
Pastos |
Besura |
Descoñecido |
|
0 |
0 |
626 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
332 |
|
María Celestina Pita Pereiras |
|||||||||||||||||
|
57 |
39 |
5 |
27033A03900005 |
Matogueira |
Chao do Monte |
Roberto González Fernández |
|
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
149 |
|
María Ramil Pajón |
|||||||||||||||||
|
58 |
44 |
64 |
27033A04400064 |
Matogueira |
Louseiras |
Cuiña, S.A |
|
0 |
0 |
1.122 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
671 |
|
61 |
44 |
16 |
27033A04400016 |
Matogueira |
Penas Corbeton |
Roberto González Fernández |
|
0 |
0 |
30 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
72 |
|
María Ramil Pajón |
|||||||||||||||||
|
63 |
44 |
15 |
27033A04400015 |
Matogueira |
Penas Corbeton |
José Sanjurjo Penabad |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
38 |
|
64 |
44 |
14 |
27033A04400014 |
Matogueira |
Prado Novo |
Piccolo Rancho, S.A. |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
13 |
|
66 |
32 |
340 |
27033A03200340 |
Matogueira |
Chao Valiña |
José Sanjurjo Penabad |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
42 |
|
67 |
32 |
337 |
27033A03200337 |
Matogueira |
Louseiras |
María Celestina Elda Rego Domínguez |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
31 |
|
70 |
32 |
347 |
27033A03200347 |
Matogueira |
A Valiña |
Antonio Paraños Ramos |
|
0 |
0 |
10 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
53 |
|
71 |
44 |
7 |
27033A04400007 |
Matogueira |
Río Seco |
Jesús Iglesias Cal |
|
0 |
0 |
351 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
391 |
|
76 |
65 |
537 |
27033A06500537 |
Matogueira |
Armada |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
156 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
598 |
|
77 |
65 |
538 |
27033A06500538 |
Matogueira |
Armada |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
823 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
594 |
|
78 |
65 |
536 |
27033A06500536 |
Matogueira |
Armada |
María Dolores Vázquez Carballés |
|
0 |
0 |
106 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
357 |
|
79 |
65 |
535 |
27033A06500535 |
Matogueira |
Armada |
María Dolores Vázquez Carballés |
|
0 |
0 |
603 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
353 |
|
80 |
65 |
533 |
27033A06500533 |
Matogueira |
Rego Traveso |
María Dolores Vázquez Carballés |
|
0 |
0 |
81 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
222 |
|
81 |
65 |
534 |
27033A06500534 |
Matogueira |
Rego Traveso |
María Dolores Vázquez Carballés |
|
0 |
0 |
378 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
218 |
|
82 |
65 |
532 |
27033A06500532 |
Matogueira |
Rego Traveso |
María Dolores Vázquez Carballés |
|
0 |
0 |
45 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
226 |
|
83 |
65 |
531 |
27033A06500531 |
Matogueira |
Rego Traveso |
María Dolores Vázquez Carballés |
|
0 |
0 |
296 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
219 |
|
86 |
65 |
528 |
27033A06500528 |
Matogueira |
Furada de Cruces |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
76 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
231 |
|
87 |
65 |
527 |
27033A06500527 |
Matogueira |
Furada de Cruces |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
120 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
231 |
|
92 |
65 |
521 |
27033A06500521 |
Matogueira |
Pastores |
José Puentes Rouco |
|
0 |
0 |
107 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
163 |
|
93 |
65 |
522 |
27033A06500522 |
Matogueira |
Pastores |
José Puentes Rouco |
|
0 |
0 |
148 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
168 |
|
94 |
65 |
520 |
27033A06500520 |
Matogueira |
Pastores |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
36 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
144 |
|
95 |
65 |
519 |
27033A06500519 |
Matogueira |
Pastores |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
109 |
|
96 |
65 |
517 |
27033A06500517 |
Matogueira |
Pastores |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
127 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
173 |
|
97 |
65 |
518 |
27033A06500518 |
Matogueira |
Pastores |
Celso e irmáns Sanjurjo Fraga |
|
0 |
0 |
22 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
165 |
|
98 |
65 |
516 |
27033A06500516 |
Matogueira |
Pastores |
María Dolores Rigueira Sandomingo |
|
0 |
0 |
121 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
181 |
|
99 |
65 |
515 |
27033A06500515 |
Matogueira |
Pastores |
María Dolores Rigueira Sandomingo |
|
0 |
0 |
180 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
181 |
|
100 |
65 |
10.565 |
27033A06510565 |
Eucalipto |
Pastores |
José María Durán Sueiras |
|
0 |
0 |
213 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
415 |
|
María Soledad Rodríguez García |
|||||||||||||||||
|
101 |
65 |
566 |
27033A06500566 |
Eucalipto |
Pastores |
José María Durán Sueiras |
|
0 |
0 |
189 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
400 |
|
María Soledad Rodríguez García |
|||||||||||||||||
|
104 |
65 |
281 |
27033A06500281 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
Purificación Fernández Fernández (hdros.) |
|
0 |
0 |
17 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
41 |
|
105 |
65 |
282 |
27033A06500282 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
Beltrán Puentes Cociña |
|
0 |
0 |
18 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
40 |
|
106 |
65 |
283 |
27033A06500283 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
José Bouza Martínez |
|
0 |
0 |
18 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
45 |
|
106-1 |
65 |
567 |
27033A06500567 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
Antonio María Prieto Puentes |
|
0 |
0 |
12 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
36 |
|
María Dolores Prieto Puentes |
|||||||||||||||||
|
107 |
65 |
284 |
27033A06500284 |
Matogueira |
Pousos de Arriba |
José Manuel Felpeto Carracedo |
|
0 |
0 |
18 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
52 |
|
108 |
65 |
285 |
27033A06500285 |
Matogueira |
Pousos de Arriba |
José González Febreiro |
|
0 |
0 |
25 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
44 |
|
109 |
65 |
286 |
27033A06500286 |
Matogueira |
Pousos de Arriba |
María Purificación Guzmán Puentes |
|
0 |
0 |
78 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
83 |
|
110 |
65 |
287 |
27033A06500287 |
Matogueira |
Pousos de Arriba |
José Manuel Felpeto Carracedo |
|
0 |
0 |
595 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
246 |
|
111 |
65 |
288 |
27033A06500288 |
Matogueira |
Pousos de Arriba |
José Bouza Martínez |
|
0 |
0 |
237 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
116 |
|
112 |
65 |
263 |
27033A06500263 |
Matogueira |
Pousos de Arriba |
María Rouco Puentes |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
5 |
|
113 |
65 |
291 |
27033A06500291 |
Matogueira |
Chao do Monte |
José González Febreiro |
|
0 |
0 |
260 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
151 |
|
114 |
65 |
303 |
27033A06500303 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
Beltrán Puentes Cociña |
|
0 |
0 |
18 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
39 |
|
115 |
65 |
302 |
27033A06500302 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
José Prieto Corral (hdros.) |
|
0 |
0 |
4 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
38 |
|
116 |
65 |
305 |
27033A06500305 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
Antonio Carreiras Castro |
|
0 |
0 |
50 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
47 |
|
117 |
65 |
304 |
27033A06500304 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
José Bouza Martínez |
|
0 |
0 |
33 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
42 |
|
117-1 |
65 |
568 |
27033A06500568 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
Antonio María Prieto Puentes |
|
0 |
0 |
32 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
36 |
|
María Dolores Prieto Puentes |
|||||||||||||||||
|
118 |
65 |
306 |
27033A06500306 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
José González Febreiro |
|
0 |
0 |
52 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
40 |
|
119 |
65 |
307 |
27033A06500307 |
Matogueira |
Fonte dos Pastores |
Concello de Muras |
|
0 |
0 |
99 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
85 |
|
120 |
65 |
292 |
27033A06500292 |
Matogueira |
Chao do Monte |
Antonio Carreiras Castro |
|
0 |
0 |
1211 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
740 |
|
José Manuel Felpeto Carracedo |
|||||||||||||||||
|
122 |
65 |
295 |
27033A06500295 |
Matogueira |
Cruz Nova |
José Puentes Rouco |
|
0 |
0 |
864 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
454 |
|
123 |
65 |
294 |
27033A06500294 |
Matogueira |
Chao do Monte |
María Rouco Puentes |
|
0 |
0 |
247 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
120 |
|
125 |
65 |
158 |
27033A06500158 |
Matogueira |
Alto da Braña |
Claudio Prieto Rey |
|
0 |
0 |
654 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
349 |
|
Olga Chao Chao |
|||||||||||||||||
|
126 |
65 |
159 |
27033A06500159 |
Matogueira |
Campo das Abrotigas |
Claudio Prieto Rey |
|
0 |
0 |
351 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
198 |
|
Olga Chao Chao |
|||||||||||||||||
|
127 |
65 |
160 |
27033A06500160 |
Matogueira |
Campo das Abrotigas |
José Bouza Martínez |
|
0 |
0 |
322 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
142 |
|
128 |
65 |
570 |
27033A06500570 |
Matogueira |
Campo das Abrotigas |
Acciona Enerxía |
|
0 |
0 |
287 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
126 |
|
129 |
65 |
162 |
27033A06500162 |
Matogueira |
Campo das Abrotigas |
Pedro Chao García |
|
0 |
0 |
453 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
237 |
|
130 |
65 |
163 |
27033A06500163 |
Matogueira |
Campo das Abrotigas |
María Teresa Chao Pernas |
|
0 |
0 |
617 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
333 |
|
José Danilo Requeijo Castro |
|||||||||||||||||
|
131 |
65 |
164 |
27033A06500164 |
Matogueira |
Campo das Abrotigas |
Digna Puentes García |
|
0 |
0 |
319 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
166 |
|
132 |
65 |
563 |
27033A06500563 |
Prado |
Montouto |
José Eduardo Arias Ferreiro |
|
0 |
0 |
2.034 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
1.097 |
|
134 |
65 |
145 |
27033A06500145 |
Prado |
Cruz de Bestemuz |
José Eduardo Arias Ferreiro |
|
0 |
0 |
290 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
159 |
|
Teresa de Jesús Enríquez Pimentel |
|||||||||||||||||
|
134-1 |
65 |
10.563 |
27033A06510563 |
Prado |
Cruz de Bestemuz |
José Eduardo Arias Ferreiro |
|
0 |
0 |
1.140 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
995 |
|
136 |
45 |
23 |
27033A04500023 |
Matogueira |
Coto da Bouza |
Antonio Chao Pernas |
|
0 |
0 |
485 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
345 |
|
138 |
45 |
227 |
27033A04500227 |
Matogueira |
Camiño da Lousa |
José Eduardo Arias Ferreiro |
|
0 |
0 |
1.062 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
560 |
|
143 |
31 |
128 |
27033A03100128 |
Matogueira |
Gañidoira |
Antonio e irmáns Pereiras Penabad |
|
0 |
0 |
24 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
40 |
|
144 |
31 |
114 |
27033A03100114 |
Matogueira- prado |
Bestemuz |
José Eduardo Arias Ferreiro |
14.10 |
0 |
174 |
1.031 |
0 |
0 |
2.025 |
0 |
0 |
0 |
1.226 |
|
144-5 |
31 |
10.114 |
27033A03110114 |
Matogueira- prado |
Bestemuz |
José Eduardo Arias Ferreiro |
14.10 |
0 |
2.455 |
0 |
1.555 |
0 |
613 |
0 |
104 |
0 |
1.163 |
|
145 |
31 |
41 |
27033A03100041 |
Piñeiral |
Gañidoira |
Montes abertais da Gañidoira e das Fragas de Ximarás |
14.9 |
307 |
4.375 |
6.035 |
3.925 |
117 |
7.216 |
904 |
1.157 |
65 |
3.947 |
|
María del Carmen Gómez García |
|||||||||||||||||
|
Francisca Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
Francisco Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
Dolores Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
146 |
31 |
122 |
27033A03100122 |
Piñeiral |
Gañidoira |
José Eduardo Arias Ferreiro |
|
0 |
0 |
621 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
861 |
|
147 |
31 |
1 |
27033A03100001 |
Prado |
Fonte Lobeda |
María Dolores Permuy García |
|
0 |
0 |
262 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
248 |
|
148 |
31 |
3 |
27033A03100003 |
Prado-piñeiral |
Fonte Lobeda |
Borja e outros Penabad Ramudo |
|
0 |
0 |
239 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
229 |
|
149 |
31 |
42 |
27033A03100042 |
Piñeiral |
Fonte Lobeda |
Montes abertais da Gañidoira e das Fragas de Ximarás |
|
0 |
0 |
4.687 |
2.223 |
0 |
2.607 |
0 |
0 |
0 |
4.010 |
|
María del Carmen Gómez García |
|||||||||||||||||
|
Francisca Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
Francisco Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
Dolores Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
152 |
30 |
78 |
27033A03000078 |
Matogueira |
Camiño Vello |
José María Penabad Otero |
|
0 |
0 |
5 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
21 |
|
153 |
31 |
54 |
27033A03100054 |
Prado |
Tra la Cantera |
Josefa Carballés Durán |
|
0 |
0 |
17 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
151 |
|
154 |
31 |
53 |
27033A03100053 |
Matogueira |
Tra la Cantera |
José María Penabad Otero |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
34 |
|
155 |
31 |
52 |
27033A03100052 |
Matogueira |
Chao da Revolta |
María Carmen Gómez García |
|
0 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
40 |
|
156 |
31 |
51 |
27033A03100051 |
Matogueira |
Chao da Revolta |
Josefa Carballés Durán |
|
0 |
0 |
44 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
99 |
|
157 |
31 |
50 |
27033A03100050 |
Matogueira |
Chao da Revolta |
Josefa Carballés Durán |
|
0 |
0 |
81 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
126 |
|
158 |
31 |
49 |
27033A03100049 |
Matogueira |
Sobre do Campo |
José María Penabad Otero |
|
0 |
0 |
15 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
56 |
|
160 |
31 |
44 |
27033A03100044 |
Matogueira |
Cruz |
José María Penabad Otero |
|
0 |
0 |
134 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
158 |
|
162 |
31 |
17 |
27033A03100017 |
Matogueira |
Illo |
Manuel Rodríguez Cortiñas |
|
0 |
0 |
0 |
548 |
0 |
1.037 |
0 |
37 |
0 |
299 |
|
167 |
30 |
77 |
27033A03000077 |
Matogueira |
Cruz |
Manuel Rodríguez Cortiñas |
|
0 |
14 |
0 |
0 |
0 |
934 |
0 |
0 |
0 |
51 |
|
171 |
30 |
101 |
27033A03000101 |
Matogueira- piñeiral |
Gañidoira |
Montes abertais da Gañidoira e das Fragas de Ximarás |
|
2 |
546 |
9.292 |
3.895 |
12 |
3.143 |
84 |
489 |
12 |
6.201 |
|
María del Carmen Gómez García |
|||||||||||||||||
|
Francisca Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
Francisco Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
Dolores Riguera Riguera |
|||||||||||||||||
|
172 |
31 |
13 |
27033A03100013 |
Prado |
Laira Cha |
Generoso Orosa Cortiñas |
|
0 |
0 |
32 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
66 |
|
173 |
31 |
12 |
27033A03100012 |
Prado |
Aira |
Genoveva Cortiñas Bermúdez |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
7 |
|
175 |
31 |
11 |
27033A03100011 |
Prado - matogueira |
Campo |
Manuel Rodríguez Cortiñas |
|
0 |
0 |
6 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
34 |
|
Concello de Ourol (Lugo) |
|||||||||||||||||
|
178 |
181 |
14 |
27038A18100014 |
Prado |
Foxo |
CMVMC Serra de Loibán Costa de Ce |
|
0 |
0 |
915 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
1.022 |
|
179 |
181 |
13 |
27038A18100013 |
Eucalipto |
Pena do Carrulleiro |
CMVMC Serra de Loibán Costa de Ce |
|
0 |
0 |
9.186 |
4.303 |
53 |
0 |
0 |
0 |
0 |
6.259 |
|
181 |
167 |
1 |
27038A16700001 |
Prado |
Costa de Cebran |
CMVMC Serra de Loibán Costa de Ce |
14.6 |
307 |
3.269 |
1.049 |
428 |
0 |
10.068 |
811 |
259 |
0 |
1.183 |
|
182 |
167 |
7 |
27038A16700007 |
Piñeiral |
Costa de Cebran |
CMVMC Serra de Loibán Costa de Ce |
|
0 |
0 |
243 |
45 |
0 |
117 |
0 |
0 |
0 |
191 |
|
183 |
180 |
23 |
27038A18000023 |
Prado |
Pena do Carrulleiro |
CMVMC Serra de Loibán Costa de Ce |
|
0 |
0 |
4.081 |
2.434 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3.199 |
|
187 |
178 |
13 |
27038A17800013 |
Matogueira |
Tras da Visura |
CMVMC Serra de Loibán Costa de Ce |
|
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
814 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
CMVMC Espenuca, Algosas, Couteiro, Pico de Pardes e Costa de Cebrán |
|||||||||||||||||
|
188 |
179 |
42 |
27038A17900042 |
Matogueira |
O Campo |
CMVMC Serra de Loibán Costa de Ce |
|
0 |
204 |
1184 |
0 |
0 |
89 |
1 |
0 |
0 |
736 |
|
CMVMC Espenuca, Algosas, Couteiro, Pico de Pardes e Costa de Cebrán |
|||||||||||||||||
|
189 |
179 |
41 |
27038A17900041 |
Matogueira |
O Campo |
Descoñecido |
14.7 |
614 |
7.741 |
12.926 |
4.780 |
0 |
17.779 |
1.948 |
1.015 |
0 |
10.317 |
Afeccións en metros cadrados (m²):
• Superficie de pleno dominio:
– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.
– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.
• Servidume de paso:
– Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada. Abrangue a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade
igual á metade de largura de canalización.
– Vieiro+gabia: comprende aquelas zonas onde a liña soterrada discorre polo vieiro, nas cales a súa superficie de afección é coincidente.
• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo): servidume definida pola superficie de varredura das pas do aeroxerador. Deberán restarse, no caso de existiren, as
afeccións solapadas (Serv. voo aero+vieiro+gabia, Serv. voo aero+vieiro, Serv. voo aero+gabia) que se indican na súa propia columna.
• Outras afeccións:
– Ocupación temporal: ocupación temporal de terreos para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións.
