DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 14 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Sada (expediente IN407A 2024/39-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT SAD713 Vilar 13 entre os apoios AKUHAV47 15C500 2 e AKR7RW92 15C500 4, no concello de Sada (expediente IN407A 2024/39-1), por Resolución deste departamento territorial, do 23 de xaneiro de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e no 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 21 de xullo de 2025 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Sada, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 17.6.2024, no BOP do 30.5.2024 e no xornal La Voz de Galicia do 21.6.2024, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 14 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña