Expediente: IN407A 2024/333-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Soterramento LMT FRI804 entre os apoios ANEP40ON//36-2 e ANDEWUPL//36-3.
Concello: Crecente.
Feitos:
1. O 24.10.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Soterramento LMT FRI804 entre os apoios ANEP40ON//36-2 e ANDEWUPL//36-3.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro eléctrico Ángel Pérez Vidal, colexiado 4781 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 39.644,99 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a regulamentación na liña de media tensión FRI804 por incumprimento da distancia vertical mínima de 6 metros dos condutores sobre o solo entre os apoios 36-2 e 36-3. Para isto están previstas as seguintes actuacións no lugar do Cazapal, na parroquia de Albeos, no concello de Crecente (Pontevedra):
– Desmantelamento do tramo aéreo da FRI804 entre os apoios ANEP40ON//36-2 e ANDEWUPL//36-3.
– Substitución dos apoios ANEP40ON//36-2 e ANDEWUPL//36-3 por apoios metálicos de celosía C 2000/14 e C-2000/12, respectivamente. En ambos os apoios proxectados instalaranse pasos aéreos subterráneos (PAS).
– Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados.
– Liña de media tensión subterránea de 210 metros entre os apoios proxectados.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Crecente, a Axencia Galega de Infraestruturas, o Servizo de Infraestruturas Agrarias e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Crecente e polo Servizo de Montes.
O informe do 11.12.2024 do Servizo de Montes recolle que as obras proxectadas afectarían terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Albeos.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
3. En función do condicionado do Servizo de Montes e do requirimento deste departamento territorial, o 21.1.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A., achegou unha copia do acordo acadado coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Albeos.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Substitución dos apoios ANEP40ON//36-2 e ANDEWUPL//36-3 da liña de media tensión aérea (LMTA) FRI804, Arbo-Cog. Maderas Montero, núm. 4, por un apoio C-2000/14 e un C-2000/12, respectivamente.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 210 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo subterráneo que se vai realizar no apoio proxectado C-2000/14 e final no paso aéreo subterráneo que se vai realizar no apoio proxectado C-2000/12.
– Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados C-2000/14 e C-2000/12 (114+162 metros de condutor LA-30).
– A instalación está situada no Cazapal, na parroquia de Albeos, no concello de Crecente (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Soterramento LMT FRI804 entre os apoios ANEP40ON//36-2 e ANDEWUPL//36-3, expediente IN407A 2024/333-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 5 de maio de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
