DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2023/295-4).

Expediente: IN407A 2023/295-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA e novo CT Quintáns.

Concello: A Estrada.

Feitos:

1. O 23.5.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA e novo CT Quintáns.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Javier Fernández Pazos, colexiado 502 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, e en que figura un orzamento total de 33.117,35 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade repotenciar o centro de transformación Quintáns (36CS59) para mellorar a calidade de subministración de enerxía eléctrica no lugar de Codeseda, no concello da Estrada (Pontevedra). Para isto están previstas as seguintes actuacións:

• Retirada do centro de transformación Quintáns (36CS59) e a instalación doutro centro intemperie de 100 kVA na parcela con referencia catastral 36017A311006450000XR que se conectará á liña de media tensión (LMT) LES808 no apoio ADIJNP6B//AD1IWA4I.

• Proxéctanse dous apoios tipo C-2000/14. No primeiro instalarase un seccionador tipo XS e no segundo situarase o centro de transformación proxectado.

• Instalación de 94 metros de liña de media tensión aérea entre o apoio existente AD1JNP6B//AD1IWA4I e o centro de transformación proxectado.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Estrada, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Servizo de Infraestruturas Agrarias.

Os organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 26 de decembro de 2023, publicada nos seguintes medios:

• DOG (Diario Oficial de Galicia): 22.1.2024.

• Xornal Faro de Vigo: 16.1.2024.

• Taboleiro de anuncios do Concello da Estrada, desde o 5.1.2024 ata o 15.2.2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

4. O 5.8.2024, este departamento territorial, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, informou ás persoas titulares das parcelas afectadas pola declaración, en concreto, de utilidade pública que dispuñan dun período de 15 días hábiles para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

• Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

• Desmontaxe do centro de transformación (CT) actual Quintáns (36CS59) e instalación dun novo centro de transformación intemperie (CTI), de 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, sobre un novo apoio proxectado C-2000/14.

• Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 94 metros de lonxitude, coa orixe no apoio AD1JNP6B//AD1IWA4I da LMTA LES808 e final no novo apoio proxectado C-2000/14 en que se instala o centro de transformación.

• A instalación está situada no lugar de Codeseda, no municipio da Estrada (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA e novo CT Quintáns, expediente IN407A 2023/295-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 5 de maio de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-Concello da Estrada

Lugar

Cultivo

Datos catastrais

Titular

Apoio/CT

Afeccións

Polg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Codeseda

Rústico

7

1385

José Souto Lorenzo

Apoio

2,00

17,36

95,66

2

Codeseda

Rústico

7

1379

María Casilda Purificación Rodríguez Ulla

35,05

252,29

3

Codeseda

Rústico

7

1378

María Arminda Esther González Basteiro

27,13

242,57

4

Codeseda

Rústico

7

1376

Narciso Souto Lorenzo

CT+apoio

2,00

13,77

123,26