Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de reforma LMTA TUI803 do hospital que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial de Vigo da Consellería de Economía e Industria. Na solicitude deberán achegar unha copia do DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta na que se ingresará o depósito.
Vigo, 20 de maio de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/379-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma da LMTA TUI803 do hospital.
Concello: Tomiño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito do prezo xusto |
|
1 |
36054A052003870000EU |
Descoñecido |
2025/54/178 |
|
2 |
36054A052003560000EH |
Descoñecido |
2025/54/179 |
