Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMTA SAG703 no treito entre os apoios números 177 e 186, situada no concello da Veiga.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requírense para que presenten ante o Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 20 de maio de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2024/86-3.
Instalación: regulamentación da LMTA SAG703 no treito entre os apoios números 177 e 186.
Concello: A Veiga.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
2 |
Pena da Asgue |
32084A048004130000RW |
Descoñecido |
30.4.2025 |
|
3 |
O Porto |
32084A048002370000RK |
Descoñecido |
30.4.2025 |
|
6 |
Traslaira |
32084A045004240000RY |
Descoñecido |
30.4.2025 |
|
7 |
Traslaira |
32084A045004380000RD |
Descoñecido |
30.4.2025 |
|
9 |
O Santo |
32084A045005420000RE |
Descoñecido |
30.4.2025 |
