DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Coles e Ourense (expediente IN407A 2022/229-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto e xuros de demora acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Pobadura, situada nos concellos de Coles e Ourense.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 20 de maio de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/229-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Pobadura.

Concellos: Coles e Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito

4

Escribanos

32900A110000210000LP

Descoñecido

Titular descoñecido

9.5.2025

7

Pintal

32900A110000200000LQ

María Delfina Dacal González

Enderezo descoñecido

9.5.2025

10

Os Campos

32900A110001680000LU

Descoñecido

Titular descoñecido

9.5.2025

11

Os Campos

32900A110001710000LU

Descoñecido

Titular descoñecido

9.5.2025