DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31539

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 2 de xuño de 2025, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 10 de abril de 2025 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 10 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 82, do 30 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

De conformidade co disposto no artigo 9.5 da dita orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 10 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, con data do 2 de xuño de 2025 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de adxudicación do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de xuño de 2025, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 10 de abril de 2025 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de xuño de 2025 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 2 de xuño de 2025, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 10 de abril de 2025 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 10 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 30 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, a Comisión de Valoración prevista no artigo 9 avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación e pola orde de preferencia e prioridade que se recollen no artigo 8.

Á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 9.

Esta Dirección Xeral de Xuventude é competente para resolver, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de xuventude, segundo o disposto no artigo 9.5 da Orde do 10 de abril de 2025.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar o uso temporal de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na devandita relación.

Segundo. Denegar o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo II, por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade recollidos no artigo 8.

Terceiro. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 14 e 15 da Orde do 10 de abril de 2025.

A documentación indicada nos citados artigos deberá presentarse electronicamente e dirixirse ao Servizo de Xuventude e Voluntariado correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 7, 12 e 14 da orde.

Se, transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos, non se cumpren as obrigas correspondentes, logo do trámite de audiencia da entidade interesada, declararase a perda do dereito á instalación adxudicada, a través da oportuna resolución que será ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme o disposto no artigo 16 da orde, a autorización poderá ser revogada unilateralmente en calquera momento polo órgano que a outorgou, sen xerar dereito a indemnización, no caso de incumprimento das obrigas polas entidades ou grupos beneficiarios ou se producen danos no dominio público, impiden a súa utilización para actividades de maior interese público, menoscaban o uso xeral ou cando os bens sexan necesarios para as actividades propias da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das súas entidades públicas instrumentais.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 10 da Orde do 10 de abril de 2025 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 9 da Orde do 10.4.2025), Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude

ANEXO I

Procedemento BS304A

Entidades adxudicatarias:

Expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación

adxudicada

Datas

Prazas

2025/9

Asociación Cultural Escola de Música de Rianxo

Rianxo (A Coruña)

A.X. Mariña Española

25.6-28.6

80

2025/12

Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Acuxuve

Vedra (A Coruña)

A.X. Mariña Española

1.9-5.9

50

2025/17

Arenaria Coordinación, S.L.

Padrón (A Coruña)

A.X. Mariña Española

1.9-6.9

35

2025/3

Concello de Negreira

Negreira (A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26.8-4.9

50

2025/15

Concello de Touro

Touro (A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26.8-4.9

45

2025/25

Xuncas Diversia

Lugo (Lugo)

C.X. Virxe de Loreto

27.8-30.8

25

2025/16

Concello de Lalín

Lalín (Pontevedra)

C.X. Espiñeira

26.8-4.9

30

2025/10

Asociación LIMISI

Xinzo de Limia (Ourense)

A.X. Area

21.6-29.6

21

2025/7

Asociación Cultural Xeración

Ferrol (A Coruña)

A.X. Area

21.6-29.6

20

2025/6

Concello de San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas (Ourense)

A.X. Area

21.6-28.6

59

2025/2

Asociación Medioambiental Amabul

Vedra (A Coruña)

A.X. Benigno Quiroga

21.8-28.8

30

2025/14

Concello da Estrada

A Estrada (Pontevedra)

C.X. A Devesa

26.8-4.9

70

2025/11

Asociación Cultural Os Tres Reinos

A Mezquita (Ourense)

C.X. A Devesa

26.8-4.9

30

2025/20

Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo

Santiago de Compostela (A Coruña)

C.X. Os Chacotes

26.8-4.9

45

2025/23

Espazo Aberto Galiza pola Amizade entre os Pobos

Santiago de Compostela (A Coruña)

C.X. Penedos de Xacinto

26.8-4.9

80

2025/13

Asociación Cultural e Xuvenil Muíños

Boqueixón (A Coruña)

A.X. As Sinas

21.6-29.6

120

2025/8

Asociación Solidaria en Actividade de Ocio e Tempo Libre Mar do Touro

Ribeira (A Coruña)

C.X. Pontemaril

26.8-1.9

58

2025/21

Concello da Baña

A Baña (A Coruña)

C.X. Pontemaril

26.8-4.9

20

2025/19

Organización Juvenil Española

A Coruña (A Coruña)

C.X. Illa de Ons

21.8-28.8

60

ANEXO II

Procedemento BS304A

Entidades non adxudicatarias:

Expediente

Entidades non adxudicatarias

Motivo

2025/5

Club Polideportivo Esclavas

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

2025/18

Concello de Boqueixón

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

2025/22

Asociación Banda de Música Cultural de Teo

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde

2025/24

Concello de Viana do Bolo

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde