DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2025 Páx. 31730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público 2025.

Faise público o Decreto da Alcaldía núm. 1306/2025, do 25 de abril, polo que se acorda o seguinte:

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2025, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal laboral:

Grupo

Clasificación

Núm. vacantes

Denominación

Sistema de acceso

I

Persoal laboral

1

Psicólogo/a UPAD

Oposición libre

II

Persoal laboral

1

Orientador/a laboral

Oposición libre

IV

Persoal laboral

1

Oficial 1ª de limpeza viaria

Concurso-oposición

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación, debendo acreditarse nese intre a existencia de consignación orzamentaria axeitada e suficiente».

Noia, 28 de abril de 2025

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde