A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 25.4.2025, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira con cargo á praza que foi convocada polo sistema de concurso, en execución da oferta de estabilización do emprego temporal do Concello de Vigo, de:
– Ramírez Abal, B. (DNI: ***8624**) na praza convocada de técnico medio de arquivos, subgrupo A2.
A persoa interesada deberá tomar posesión dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. De non facelo, procederase a declarala en situación cesante e consecuentemente decaída no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 13 de maio de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e Acordo da Xunta
de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
