No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, tramítase o recurso 235/2025 (procedemento ordinario), interposto por Ana María Míguez Iglesias contra a Resolución do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as de carreira das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso por concurso-oposición en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/89, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021 (DOG núm. 62, do 31 de marzo).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
