DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, de varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 85, do 7 de maio de 2025, publicáronse as convocatorias e as bases que rexerán os procesos selectivos para a cobertura en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, das seguinte prazas:

– Unha praza de persoal funcionario de carreira do posto de técnico/a de administración electrónica, en quenda restrinxida de promoción interna.

– Unha praza de persoal funcionario de carreira do posto de técnico/a de xestión adscrito a persoal e RR.HH., en quenda restrinxida de promoción interna.

– Unha praza de persoal laboral fixo do posto de conserxe, en quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, publicouse integramente a convocatoria e as bases do proceso para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Obras, polo procedemento de concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 7 de maio de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente