O Pleno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de maio de 2025, acordou por unanimidade aprobar inicialmente o proxecto de reaxuste do Plan parcial en Portaprado, promovido por Maderas Vilar de Condes, S.L., Abrasivos Areslas, S.L. e Mangos Lodairo, S.L.
De conformidade co disposto no artigo 75.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o dito proxecto sométese a información pública por un prazo de dous meses, co fin de que os interesados poidan presentar as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas.
Carballeda de Avia, 30 de maio de 2025
Luis Milia Méndez
Alcalde
